1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

201212 cortesGaliza - CIG - A central nacionalista convocará mobilizacións en todo o sector público para evitar a rebaixa salarial que pretende aplicar o Goberno de Feijoo.


A Área Pública da CIG (Ensino, Saúde e Administración) amosa a súa total oposición a un posíbel novo recorte nos salarios das empregadas e empregados públicos da Xunta, tal e como se afirma este xoves nos medios de comunicación, e que previsibelmente será anunciado mañá ás organizacións sindicais na xuntanza da Mesa Xeral. Unha vez máis os empregados/as públicos serán as primeiras vítimas dos recortes que xa ten preparados o goberno de Núñez Feijoo para os Orzamentos Xerais de 2013.

En febreiro pasado, a Xunta de Galiza xa se adiantou ás medidas que en xullo aplicou o goberno de Mariano Rajoy (eliminación do complemento das baixas por incapacidade, redución dos días de asuntos propios, retirada do fondo de acción social, suspensión na práctica do dereito á negociación colectiva, modificación unilateral do convenio, etc.), asegurando que aplicaba estes recortes co obxectivo de evitar novas baixadas salariais. Agora, e a pesar das promesas lanzadas na campaña electoral, semella que Núñez Feijoo estará unha vez máis á vangarda dos recortes.

As federacións da Área Pública da CIG denuncian que a Xunta de Galiza pretende que sexan novamente as súas traballadoras e traballadores quen paguen os recortes que a administración vai realizar para cumprir as exixencias de Bruxelas e do estado español, no relativo á contención do déficit público.

Á espera de confirmar esta decisión e o modo no que o Goberno do PP pretende aplicar a rebaixa (supresión dunha paga extraordinaria ou no conxunto das retribucións), a central nacionalista advirte que non ficará parada e proporá un novo calendario de mobilizacións en todo o sector para facer fronte a esta agresión. Cómpre lembrar que, de aplicarse a baixada do 7% que anuncia a prensa, os salarios das empregadas e empregados públicos teríanse retraído case un 30% nos últimos catro anos.

Para a central sindical estamos ante un novo ataque que suporá afondar no proceso de desaparición e desmantelamento dos servizos públicos -que nestes momentos padecen unha insostíbel falta de medios humanos e materiais- no marco do proxecto privatizador que está a desenvolver o PP.

Por iso, dende a Área Pública da CIG faise un chamamento a todo o persoal da Xunta de Galiza a que se mobilice na defensa activa dos seus dereitos e participe nas accións de protesta convocadas para hoxe mesmo en todo o País. Ademais, a CIG xa ten convocada para mañá, venres 21 de decembro, ás 13:30 horas unha concentración diante da EGAP en Compostela, coincidindo coa xuntanza da Mesa Xeral de función pública.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.