1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

201212 15mdariaGaliza - 15M da Ria - O Grupo de Traballo do 15M da Ria (Cambre, Culleredo e Oleiros) chamamos a acudir á concentración do día 20, diante da Delegacion do Goberno, convocada pola Alianza Social Galega contra os recortes dado o acuciante da situación, malia que os convocantes non teñan en realidade ningunha intención de enfrontar directa e claramente a este goberno de Rajoy, coma non enfrontaron ó anterior de Zapatero cando iniciou a destrución do noso Estado do Benestar en beneficio dos bancos e as multinacionais.


Consideramos que para loitar efectivamente contra tódolos recortes e privatizacións que está a sufri-la cidadanía, é indispensable propoñer alternativas e non simplemente escenifica-la queixa. Son fundamentais para nós o inicio dunha auditoría popular da débeda do Estado que leve á esixencia do non pago da débeda española por ilexítima, así como a derrogación da reforma constitucional de Rajoy e Zapatero, acordada a traizón e de costas ó pobo, que outorga total prioridade ó pago dos intereses desa débeda á banca por riba de calquera outro gasto, no camiño da privatización de todos os servizos públicos e sociais"

Por unha Auditoria Cidadá das Contas Publicas

A especulación coa débeda pública ou soberana vem do Tratado de Maastricht, en 1992, onde se prohibe ao Banco Central Europeo darlle diñeiro ós Estados nin á mesma Unión Europea. Agora este xeito de se financiar desaparece, os Estados teñen que pedir os cartos que precisen aos bancos privados -ou sacar á venda nos mercados financeiros- os títulos de débeda pública, os bonos do tesouro. Son despois estes bancos privados os que lle piden o diñeiro ao Banco Central Europeo.

Créase aquí un negocio perfecto para os "donos do capital", pagando os tipos de xuro que o BCE impon, hoxe o 0.75%, e "os mercados" un tipo de xuro que ven determinado polos mercados, polas axencias de calificación (que son parte dos propios mercados e polo tanto beneficiarios), e polas condicións políticas e sociais en cuestión. No caso de España, actualmente en torno a un 7%. En Grecia, xa por riba do 18%.

É polo tanto un negocio perfecto. A isto chámaselle usura, e deste xeito, o endebademento convírtese nunha soga no pescozo dos Estados, e por extensión das clases traballadoras deses Estados afectados, que ven todas as súas conquistas sociais desmanteladas para pagar os xuros usurarios da banca e os grandes investidores.

Cando no verán do 2007 prodúcese o comezo da crise actual, a débeda pública do Estado español non pasaba do 54% do PIB, mentres que a débeda privada, dos bancos, das empresas e das familias, multiplicaba por tres o PIB, nunha situación non moi diferente de outros estados similares ó español.

Ó longo do 2008 e 2009, os gobernantes do mundo, salvo contadas excepcións saíron ó rescate dos bancos e grandes empresas. Adicaron cifras de diñeiro mareantes para sacalos da crise que eles mesmos crearan. De onde saiu ese diñeiro. A finais do 2010 levaban investidos en rescates ás entidades privadas unha cifra entre 13 e 15 BILLÓNS (12 ceros!!) de euros, o que significa entre o 21 e 25% do PIB mundial..

Roubaron o que quixeron, e agora témolo que pagar todos e todas. Esto é o que significa socializar as perdas, pasar a débeda privada a pública.

Despois de todo isto, o verán pasado o PSOE e o PP pactaron unha reforma da Constitución, e puxeron os cimentos da nosa ruina, xa que se recolleu nela explícitamente que "o pago da débeda terá prioridade absoluta sobre calquera gasto".

A Unión Europea, os gobernos estatais e o FMI veñen afirmando que, diante desta situación de endebamento publico, non colle outra solución que aplicar duros recortes sociais, e que isto permitirá a estabilidade orzamentaria que sentará as bases para a saída da crise. Nada mais lonxe da realidade. Estas politicas só teñen un obxectivo, e é procurar novos ou maiores "nichos de negocio" nos sectores recortados como a saúde ou a educacion.

Rexeitamos a afirmación de que somos culpables por vivir por riba das nosas, e de que non hai alternativa posible. Islandia demostra que si hai outra saída.

En diversos estados europeos como Grecia, Italia, Francia e España, teñen xurdido movementos dentro da sociedade para esixir unha auditoría da débeda pública. Non é que as empresas auditoras como Arthur Andersen controlen as contas do Estado, sería como poñer "a raposa gardando o galiñeiro", senón que ten que ter un obxectivo ben claro: que a sociedade coñeza as contas do Estado, que se acaben cos acordos comerciais e financeiros segredos, coas partidas orzamentarias opacas, coas subvencións a bancos e empresas a costa do erario publico, etc...

A auditoria pública ten que servir para determinar qué parte da débeda ten que ver cos gastos sociais necesarios e o que é debeda imposta polo rescate á banca, ás empresas, macroconstruccións sen unha finalidade, etc. É dicir, o que si sería pagable, e o que non se pagaría de ningunha das maneiras.

A auditoria tería como obxetivo delimitar as responsabilidades políticas e penais dos xerentes públicos e privados das institucións, caixas de aforro, bancos, grandes empresas, e as dos políticos que permitiron por activa ou por pasiva o desastre.

A auditoría ten ten que ser parte dunha loita pola mundanza de fondo das estructuras das sociedade que nos levou a esta situación.

A auditoría ten que ser feita pola poboación traballadora autoorganizada, a través das asembleas populares, das súas organizacións sindicais, sociais e políticas, apoiados en técnicos e intelectuais independentes, e resultado da mobilización social contra a Unión Europea e os Gobernos que xustifican unhas políticas de axuste e recortes, para unha débeda que foi creada polo sistema capitalista.

Foto: 15M da Ria


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.