1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

241112 grevevitrasaGaliza - AUV - As traballadoras e traballadores da empresa de autobús público vigués, Vitrasa, continuarán esta semana con dúas novas xornadas de folga, o luns 26 e o xoves 29, ante a negativa absoluta da empresa a avanzar nas negociacións do novo convenio.


Xa son 10 meses dende que os sindicatos comezaron os contactos para negociar o novo convenio. E xa son 10 meses nos que non encontraron máis que a negativa da empresa a negociar as condicións que esixen os traballadores. Ante este panorama, a mobilización e a folga é o único camiño que queda para obter as reivindicacións laborais que esixe o equipo.

Estas reivindicacións buscan obter unha maior liberdade á hora de fixar as quendas de traballo, substituír o actual sistema de 30 días de vacacións por 25 laborables, e unha suba de salario do 1%, a cal en realidade só paliaría a baixada do salario real se temos en conta a suba de máis de 2 puntos do IPC.

O seguimento a semana pasada foi case total, tanto que Vitrasa tivo que deixar liñas enteiras sen cubrir para utilizar os servizos mínimos nas liñas máis rendibles, deixando sen transporte varios hospitais e centros de saúde.

Ante esta folga, que afecta especialmente aos estudantes posto que o campus universitario se acha a media hora en coche da cidade, a Asemblea Universitaria de Vigo quere mostrar o seu apoio rotundo aos traballadores, baixo o lema "A solidariedade: a nosa mellor arma". Estase a difundir vía facebook un comunicado e un cartel de apoio, e xa se están a planear outras accións, como o envío masivo dunha carta-protesta á empresa esixindo que se cumpran as reivindicacións do equipo e culpando a empresa de todos os contratempos que a folga está a causar ao estudantado.

O comunicado

"Dende a Asemblea Universitaria Vigo queremos transmitir o noso apoio ás traballadoras e traballadores de Vitrasa ante a folga que levarán a cabo os vindeiros días 19, 26 e 29 de novembro.

A pesar das molestias que poderá causarnos aos estudantes á hora de desprazarnos ata o CUVI, entendemos perfectamente xustificada esta folga, debido á negativa da empresa de achegar posturas nas negociacións den

de fai xa 10 meses. As reivindicacións que presentan son completamente lóxicas e razoables, polo que comprendemos perfectamente que, ante a devandita negativa da empresa a negociar, as e os traballadores de Vitrasa decidan dar un paso máis na loita polos seus dereitos convocando esta folga.

Por iso, solicitamos a todo o estudantado da Universidade de Vigo que sexa comprensivo coa folga, e que amose o seu apoio a través de comunicados de Delegacións, de organizacións estudantís, a título indivudal etc, así como con calqueira outra medida que poida axudar ás traballadoras e traballadores a visibilizar o seu conflito e gañar o apoio do resto dos traballadores e traballadores vigueses, que serán os que se vexan principalmente afectados pola redución de autobuses.

Ante os ataques da patronal, a solidariedade é a nosa mellor arma. ¡Avante coa folga de Vitrasa! ¡Todo o noso apoio, e que a folga non pare ata vencer!"

Foto: AUV


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.