1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

241112 aveGaliza - CIG - Se non se efectiviza antes do remate do ano, poderían perder o dereito a recibir unha prestación.


O persoal de Traferga S-L, empresa de estruturas metálicas asentada en Meaño, padeceu durante o último ano un Expediente de Regulación de Emprego suspensivo que afectaba a todo o persoal. A piques de finalizar o período do ERE temían quedar sen traballo ante a imposibilidade de contactar co empresario. Cando por fin o conseguiron recibiron a noticia de que efectivamente esa é a súa sorte, xa que a empresa presentará un ERE extintivo para todo o persoal.

En agosto de 2011 presentábase en Traferga o primeiro ERE, de carácter rotatorio, que afectaba a unha parte importante do cadro de persoal. Un ano despois, cando había que negociar a saída deste, formalizouse o seguinte, que afectaba a todo o cadro de persoal. O obxectivo era supostamente, renegociar durante ese período as débedas existentes con Facenda e a Seguridade Social.

A piques de rematar o ERE, o empresario estaba desaparecido e cando por fin conseguiron contactar con el recibiron a noticia de que a empresa presentará un ERE extintivo que, de non formalizarse axiña, provocará a perda das súas prestacións.

Traferga, empresa ligada en tempos a Telmo Martín chegou a ter 300 traballadores, número que se foi reducindo progresivamente até os 66 actuais. Xoán Xosé Bouzas, secretario nacional de CIG-Metal, sinala que por mor da pésima xestión a empresa acumulou perdas que ascendían a aproximadamente 400.000 euros en maio de 2012, acumulando ademais débedas a acredores, Facenda e a Seguridade Social por valor de 500.000.

Segundo o administrador da firma, Wenceslao de Federico García, o problema é que non se conseguiu negociar nin coa Axencia Tributaria, nin coa Seguridade Social o pago dos cartos que estaban pendentes. Porén, Bouzas denuncia que a empresa non chegou a presentar sequera os boletíns de cotización, o que dificultará mesmo o recoñecemento das prestacións por desemprego.

Ante esta situación límite, o persoal conseguiu arrincar o compromiso de que, aínda que non se paguen, cando menos se entregue a documentación precisa para os traballadores poder cobrar. Ademais, se non se aproba de inmediato o ERE extintivo o persoal terá que presentarse nos seus postos, sen carga de traballo, sen salario e sen dereito a paro. En todo caso, a CIG, obviamente, "non pode estar de acordo coa destrución de postos de traballo e menos cando a responsabilidade é de quen fixo unha pésima e neglixente xestión empresarial, deixando ao conxunto do persoal na dramática situación na que agora se atopa", explica Bouzas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.