1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

011112 shoppingGaliza - CUT - A CUT propón repensar colectivamente a ferramenta da folga diante da exclusión do mercado de traballo de amplos continxentes de poboación traballadora.


A Folga Xeral foi historicamente, e serao, a principal ferramenta de transformación social en mans da maioría traballadora. Como tal ferramenta e método de loita, a evolución dialéctica da historia obriga ás centrais sindicais de signo transformador a inserir nas nosas prácticas sindicais novas propostas que afinan estas ferramentas e incrementan a súa eficacia no principal obxectivo perseguido: a edificación dunha sociedade de nova planta, horizontal, en mans da maioría social e ao servizo das e dos desposuídos da Terra. E consecuentemente, o derrube completo da actual sociedade e sistema capitalistas.

É evidente que unha folga xeral require o compromiso activo de todo o conxunto da clase traballadora, alén da súa situación contractual, do sector de pertenza, do feito de estar en activo ou no desemprego, ou mesmo alén de desenvolver traballos produtivos remunerados ou non remunerados (como exemplo deste último, o traballo doméstico nos fogares, cuxo peso recae nas mulleres). Non é menos evidente, xa que logo, que a paralización da produción virá primixeniamente da man das produtoras e produtores, á marxe do apoio fundamental do resto de traballadoras e traballadores no ámbito piqueteiro. Con todo, foron procurándose diferentes experiencias de concentración social no contexto de folga, sendo unha das máis exitosas a mobilización na rúa.

Galiza é un país con altos indicadores de desemprego, de emprego precario ou de economía somerxida, cun alto nivel de desemprego xuvenil, cunha taxa importante de exclusión das mulleres do mercado laboral que gaña importancia no contexto da crise-estafa social, e aínda máis, cun peso específico social de poboación retirada do mercado laboral debido á pirámide invertida de poboación. Este datos obríganos ás centrais sindicais con sentido de responsabilidade histórica á evolución cara un mecanismo de resposta xenuíno: a Folga Xeral Social. Ou dicíndoo doutra maneira, obríganos ao redimensionamento da Fogla Xeral das produtoras e produtores, con iniciativas de mobilización integradoras de todo o conxunto social obreiro.

Esta Folga Xeral Social, inclúe por lóxica moitos mecanismos de interrelación e de socialización da resposta. E require tamén atender á evolución específica da clase traballadora, inmersa hoxe nunha duplicidade: cada traballador/a é ao tempo consumidor/a, e “colabora” dende ambos planos da súa existencia social no sostemento do propio sistema capitalista que o escraviza, e na reprodución das súas lóxicas. Un dos métodos de resposta testados, xa que logo, e de específica relevancia no contexto de mercadorización das relacións humanas e da política é a Folga Xeral de Consumo.

A Folga Xeral de Consumo, como un dos múltiples rostros da Folga Xeral, implica que a clase traballadora se faga cargo activa e politicamente da súa condición de consumidora, e desenvolva unha posición política nítida sobre a tal condición, primando o uso fronte ao abuso, e marcando uns patróns de responsabilidade. Tamén, que ao tempo que subvertemos a produción, subvertamos o consumo, outro dos tempos fundamentais da circulación das mercadorías, asegurando así a nosa capacidade de ruptura coa monotonía dos ciclos de produción, e sobre todo, a nosa disposición a construír un outro mundo posíbel por fora destes estreitos marcos de realidade.

A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT) quere chamar pois, neste 14 de novembro, no que a internacionalización das mobilizacións está a inquedar ao Capital, a consolidar a efectividade do parón xeral cunha folga masiva de consumo, rompendo coas cadeas da alienación masiva e abrindo en colectivo nas centrais sindicais, nos centros de traballo, nas rúas e nos fogares, unha reflexión activa sobre o feito do consumo, e negándonos rotundamente durante o transcurso desta xornada a consumir calquera ben ou servizo. Abandonando o consumo de todos aqueles bens e servizos prescindíbeis durante a xornada, que son máis dos imaxinábeis (electricidade, auga, movimentos bancarios, telefonía e internet, gasolineiras, automóbil, outras compras, etc). Paralizando e conxelando xa que logo, o ciclo de distribución das mercadorías de maneira total o vindeiro 14 de novembro.

Dixo Paul Ariès no seu Manifesto por unha folga xeral de consumo que “o obxectivo é aprender a existir plenamente, a vivir coma una usuaria dona dos seus usos e non coma unha condenada ao traballo e unha condenada ao consumo escravo do mercado capitalista”. Esa é a nosa vontade. Adiante, pois, coa folga xeral social e de consumo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.