1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

311012 feijoomacacoGaliza - CIG-Autonómica - Poucos días despois das eleccións, o presidente do Goberno galego está a realizar declaracións a diferentes medios de prensa a propósito da funcionarización dunha parte do persoal laboral da Xunta, promesa anunciada ao remate da campaña electoral.


O momento elixido non é produto do azar: o venres foi aprobado polo Partido Popular no Consello de Ministros o Real decreto 1483/2012, que lle dá luz verde ao despedimento de persoal laboralincluído o persoal laboral fixo. No dito decreto, publicado no BOE do 30/10/2012nin sequera se lle garante ao persoal laboral fixo unha preferencia de permanencia. Tampouco se garante a causalidade dos despedimentos que vaian realizar, xa que a propia Administración poderá producir os motivos económicos ou organizativos que lexitimarán o ERE.

O anuncio do presidente Feijóo suscita non poucas dúbidas: que vai pasar co o persoal laboral da Xunta non incluído nesa cifra de 6.000 funcionarizables? Están comprendidos todos os laborais fixos? A que se refire o presidente cando fala dos laborais que superaron unha proba? Unha cousa é apoiar a unificación do vínculo xurídico do conxunto dos empregados públicos da Xunta dándolles a todos a relación estatutaria de funcionarios, e outra moi distinta é que se funcionarice a uns e se deixe no aire ao resto do persoal laboral fixo, servíndolle de escusa ao Goberno de Feijóo para a privatización de todos os servizos prestados polo persoal que fique fóra da hipotética funcionarización.

Desde a CIG-Autonómica consideramos que sería riscoso apoiar por principio a funcionarización por lei dunha parte do persoal laboral fixo sen coñecer polo miúdo a proposta e sen contextualizalo no marco de despedimentos e reestruturación da Administración que se albisca no horizonte. O primeiro debe ser defender o emprego de todos e fomentar a unidade. Do contrario, a actitude dos traballadores vai ser de "sálvese-quen-puider" mentres se consuma o desmantelamento dos servizos públicos. Se o que pretende Feijóo fose realmente protexer os empregados públicos fixos ante eventuais despedimentos, o que debería facer sería apoiar a retirada ou a reformulación da reforma laboral que aprobou o seu partido.

Convidamos a todos os empregados públicos da Xunta a que lean con atención o novo artigo 135.3 da Constitución: mentres non haxa unha ruptura coas políticas austeritarias, a única certeza coa que debe contar todo empregado público é que o pago da débeda (a débeda contraída polo Estado ao socializar as perdas da banca privada) goza de prioridade absoluta. Todo o demais é secundario. Equivócase quen pense que a Mario Draghi, a Angela Merkel ou á Bundesbank lles vai preocupar o máis mínimo o vínculo xurídico dos servidores públicos do Estado español á hora de impoñernos novos recortes, por doloros que sexan. 

Neste sentido, desde a CIG-Autonómica convidamos ao presidente Feijóo a que nos indique en que parte do papel mollado que é hoxe a Constitución de 1978 se recollería a garantía de emprego do persoal funcionario: o que di a Constitución é que o estatuto do persoal funcionario se aproba (e se modifica) por lei ordinaria. En cambio, apesar de que no artigo 37 da CE se garanten o dereito á negociación colectiva e a forza vinculante dos convenios, ao Partido Popular non lle supuso ningún problema aprobar unha reforma laboral que os baleira de contido. Que garantía poden ter os empregados públicos de que o PP non modificará o EBEP (igual que reformaron a Constitución) se, chegado o caso, Merkel e a Troika así llo esixen?

En resumo, desde a CIG-Autonómica sospeitamos que este anuncio de Feijóo non é para lle procurar seguridade no emprego ao persoal laboral, senón que é unha aposta para dividir aos traballadores da Administración ante os tempos que se aveciñan.

Foto: TeInteresa


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.