1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

251012 berbesconGaliza - CIG - As empregadas/os de Berbescon volven á rúa en defensa dos seus postos de traballo e para reclamar o pago dos salarios atrasados


Representantes do comité trasladáronlle á Inspección de Traballo os incumprimentos da dirección da firma viguesa
Os traballadores/as da compañía viguesa Berbescon, dedicada á elaboración, transformación e comercialización de produtos derivados do peixe conxelado, volveron percorrer hoxe as rúas da cidade en manifestación para denunciar os incumprimentos da empresa e reclamar o pago dos salarios pendentes. A marcha rematou fronte á Inspección de Traballo, onde representantes sindicais e do comité de empresa mantiveron unha xuntanza co seu responsábel.

A marcha partiu ao mediodía da sede da firma, situada na zona do Berbés, e percorreu a Avenida de Beiramar até a Inspección de Traballo, na rúa Cánovas del Castillo. Durante o traxecto, os afectados/as berraron consignas esixindo o mantemento dos postos de traballo e o pago dos soldos que lles adebeda. A compañía ten pendente de pago tres pagas extras e media, a metade do salario de agosto e a nómina completa de setembro, ademais dos atrasos dende 2008.

Ao mesmo tempo, o comité de empresa (CIG, CCOO e UGT) denunciaron diante da Inspección os incumprimentos por parte da dirección con respecto á firma do Expediente de Regulación de Emprego (ERE), o que levou os representantes dos traballadores/as a convocar con anterioridade unha xornada de folga. En concreto, lembráronlle que na acta do ERE figuraba o compromiso de que a empresa tiña que cotizar as diferencias salariais dende o 2008 e actualizar os soldos, que son os mesmos dende hai catro anos.

Dende a FGAMT-CIG explicaron que o responsábel da Inspección lles dixo que para solucionar o tema das cotizacións teñen que remitirlle un escrito formal, "pero que as outras cuestións eran xa materia do Xulgado do Social". Neste senso, lembran que as pagas extra e os atrasos xa foron levados aos tribunais. Finalmente, reclaman un plan de viabilidade para a empresa -que solicitou o concurso de acredores- que permita conservar os 90 postos de traballo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.