1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

191012 cntgzGaliza - CNT - Carta aberta aos compañeiros e compañeiras da CUT e das Redes Escarlata.


A carta que a continuación publicamos foi enviada á CUT perante a celebración, este sábado 20 de Outubro, da entrega do Premio Vidal Bolaño ao Grupo Chévere, xestores do Sala Nasa. Ao non ter recebido nengún tipo de contestación, vémonos na obriga de facer pública esta carta dos traballadores despedidos e represalidos publicamente polo Grupo Chévere fai agora un ano.

Carta aberta aos compañeiros e compañeiras da CUT e das Redes Escarlata

A ben da nación asinan os membros do xurado do premio Vidal Bolaño deste ano, entre os se atopan Xosé Luis Méndez Ferrín, rostro histórico da FPG e presidente da Real Academia Galega, e Ricardo Castro, Secretario Xeral da CUT. A ben das traballadoras e traballadores, dende a CNT, queremos manifestarvos a nosa profunda pena e dor pola concesión e entrega deste premio á compañía de teatro Chévere.

Como sabedes, hai pouco tempo dende a nosa central sindical tivemos un durísimo conflicto cos e cas empresarias que conforman esa compañía a raíz do peche da sala Nasa. O conflicto, que ben puido ser un típico conflicto por despidos improcedentes e deferencias de cantidades co convenio, converteuse - disculpade a linguaxe - nun auténtico culebrón onde os peor parados fomos, coma sempre, os e as traballadoras.

Así, por exemplo, á forte presión que se sofre habitualmente durante un conflicto laboral tivemos que engadir que as e os empresarios propiciasen que algunhas empresas nas que algúns de nos traballabamos esporádicamente non nos contratasen. Engadimos que fixeran unha lista cos traballadores que denunciamos - si, cos nosos nomes - e a enviaran por correo electrónico a moitas persoas que traballan no noso sector profesional a todos os niveis. E engadimos que dende o seu entorno nos humillasen constantemente nas redes sociais e publicasen datos falsos sobre nós e mesmo sobre as nosas familias.

Poderiamos seguir enumerando, porque o caso é que aínda a día de hoxe os nosos nomes poden atoparse en internet, ben nunha carta que a parte empresarial enviou a un número indeterminado de xente, como en foros de medios de comunicación, entre outros.

Pero todas estas intimidacións e desprezos aos que de seguro eles verán coma "forza bruta" - enténdase équipo técnico - do seu traballo escénico, non impediron cualificar de "acoso" a acción sindical que as traballadoras e traballadores empregaron para se defender. A dia de hoxe prácticamente ningún dos e das que traballabamos na sala Nasa temos un traballo estable.

Compañeiras, compañeiros, se cadra para explicarnos podemos darlle unha volta. Podemos preguntar cómo se sentirían, por exemplo, as e os compañeiros implicados nun recente conflito da CUT se a Fundación Anselmo Lorenzo (vinculada á CNT), co secretario xeral da CNT-Galiza no
xurado, lle outorgasen un premio pola súa contribución á cultura aos empresarios da Casa das Crechas obviando a súa praxe coas e cos traballadores. Tamén podemos preguntarnos se este premio se concedería á compañía de teatro Chévere se as compañeiras e compañeiros da CUT de Compostela tivesen entrado no conflito da sala Nasa.

Este sábado que vén, en Teo, a compañía Chévere recibirá unha lexitimidade que non lle corresponde; un lavado de cara diante de xente crítica e de esquerdas que non se merecen; unha homenaxe ao seu discurso esquecendo a súa praxe. E non podemos negar que non nos doería tanto se non viñese de onde vén. De compañeiras e compañeiros que consideramos que teñen unha fonda conciencia de clase.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.