Tanto a mobilizaçom como a apresentaçom deste documento perante o Parlamento Europeu representam um desafio à cidadanía entendida nos termos políticos e normativos da UE. @s trabalhador@s do sexo apresentam-se como nov@s ator@s polític@s que desafiam as divisons entre inclusom e exclusom. A Declaraçom é umha ferramenta para a apropriaçom dos direitos humanos por parte do coletivo e umha forma de intervençom política na linguagem dos direitos humanos aceptada polas instituiçons europeias.
O relevante deste documento é que excede os limites da cidadania europeia: dereito ao traballo, á libre elección do emprego, liberdade de movimento, tanto para os cidadaos como para os non-cidadaos e, portanto, intensifica a "universalidade" implícita nos direitos humanos. Asemade, ao contrário do que acontecia na década de oitenta, este coletivo nom só inclui mulheres senón que se amplia a homes e transexuais que se dedican ao trabalho sexual. Isto como estratégia para desprazar a atención das questons de género e vitimización e pór o acento tónico no trabalho.
As pessoas que traballan na industria do sexo non gozan do dereito de movimento, con independencia do estatus de cidadanía. @s trabalhador@s do sexo con nacionalidade de algún Estado da UE poden ser privad@s da súa liberdade de movemento mediante a criminalización do traballo sexual e a falta de consideración deste último como parte da economía de servizos ou do ámbito laboral. Así mesmo, @s traballador@s do sexo estranxeir@s tampouco gozan da liberdade de movemento debido ao controlo migratorio, mais tamén, como reflexo das condicións impostas polo marco da loita contra o tráfico de persoas, que as considera vítimas de exploración sexual.
As reivindicacións do movemento de traballador@s sexuais encamíñanse portanto a conseguir que o traballo sexual sexa aceptado como un intercambio económico máis dentro do contexto da UE, e diríxense a transoformar e desafiar o imaxinario europeu. Neste sentido, se ben o estigma da puta establece a separación entre unha feminidade normal e outra desviada, negando os dereitos desta última, estas políticas cobran forza ao descartaren a "prostitución" como unha forma de ser e reivindicaren ao mesmo tempo o traballo sexual como unha profesión. Esta postura é unha ferramenta para sortear o típico esquema do axente-vítima tan proprio da perspectiva de xénero que asumen as políticas contra a "violencia de xénero", non só no ámbito europeu.
Por todo isto, a constitución deste colectivo como suxeito político encarna o que se ten denominado a movilización da movilidade. O feito de pór a énfase en que o traballo sexual sexa considerado unha actividade económica leva a descartar tamén aquelas visións que afirman que a prostitución é a consecuencia de problemas físicos, psicolóxicos, e o resultado de abusos previos. Por outra parte, proporciónanse argumentos que describen o traballo sexual con elementos comúns a outras formas de traballo, en particular entre migrantes, e outras formas de traballos mal remunerados na economía globalizada.
A emergência de umha nova subjetividade política que desafia as limitaçons institucionais acerca do trabalho sexual vai ganhando espaço no ámbito social e discursivo nos últimos meses com a constituiçom em França do Sindicato de Trabalhador@s do Sexo (STRASS) e em Portugal através do lançamento de umha campanha dirigida pola Rede sobre Trabalho Sexual para denunciar a discriminaçom deste coletivo e promover o reconhecimento desta atividade como um trabalho.
