Os horarios das protestas nas sete cidades galegas son os seguintes:
A Coruña: Praza de Pontevedra ás 19:00 horas.
Compostela: Alameda ás 19:00 horas.
Ferrol: Praza de España ás 19:00 horas.
Lugo: Edificio Administrativo da Xunta ás 19:00 horas.
Ourense: Pavillón dos Remedios ás 19:00 horas.
Pontevedra: Praza da Ferreiría ás 20:00 horas.
Vigo: Vía Norte ás 20:00 horas..
O SXG chama a que todos os profesionais do sector acudan, especialmente os/as traballadores/as do sector público, porque «son reivindicacións xustas e necesarias e que buscan cambios que redundarán en beneficio de todos».
O SXG valora moi positivamente a unidade sindical ao redor desta convocatoria. Só mediante a colaboración de todos os empregados e centrais sindicais poderemos deter a política de recortes socias coa escusa da crise.


