Contra o desmantelamento dos servizos públicos e os recortes
A CGT de Pontevedra, en xuntanza cos sindicatos e entidades sindicais integrantes da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, convoca á manifestación "Contra os recortes antisociais e o desmantelamento dos servizos públicos", que o próximo luns, día 15 de outubro, ás 19:00 horas, sairá da Praza da Ferrería de Pontevedra.
Temos que amosar a nosa protesta polos recortes antisociais dos gobernos e polo desmantelamento dos Servizos Públicos, que están afectando aos sectores máis débiles da poboación. Ao mesmo tempo, están entregando nas más privadas o que ata agora era de todos (sanidade, educación, rede ferroviaria, espazo marítimo terrestre, actividade portuaria, etc), roubándonos o que nos custou décadas acadar. A lista de agravios e danos e interminable: Nos recortan dereitos laborais e sindicais, nos baixan as prestacións do paro, fannos pagar máis polas menciñas, recortan salarios e pagas, déixannos sen vivendas... Non podemos consentir que nos sigan esquilmando e temos que paralos. E entre todos podemos.
BASTA XA DE MENTIRAS E DE RECORTES!
TODOS Á MANIFESTACIÓN O DÍA 15!
Manifestación contra os recortes e o desmantelamento dos servizos públicos
A CGT da Coruña, unitariamente co resto de sindicatos da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, convoca á manifestación que o próximo luns, día 15 de outubro, ás 19:00 horas, sairá da Praza de Pontevedra da Coruña co obxectivo da manifestación é a de amosar a nosa protesta polos recortes antisociais do gobernos e polo desmantelamento dos Servizos Públicos, que están afectando aos sectores máis débiles da poboación. Ao mesmo tempo, están entregando nas más privadas o que ata agora era de todos (transporte ferroviario, sanidade, educación), roubándonos o que nos custou décadas acadar. Estas políticas ocúpanse dos pobres banqueiros, pero nos recortan dereitos laborais e sindicais, nos baixan as prestacións do paro, fannos pagar máis polas menciñas, recortan salarios e pagas, déixannos sen vivendas... Non podemos consentir que nos sigan esquilmando e temos que paralos. E entre todos podemos.
BASTA XA DE MENTIRAS E DE RECORTES!
TODOS Á RÚA O DÍA 15!


