1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270912 naval ferrolGaliza - CIG - Comités e delegados/as das auxiliares suman dúas semanas de peche no Concello de Ferrol á espera de respostas por parte da SEPI.


Os traballadores e traballadoras do naval da ría de Ferrol continuarán este xoves co calendario de mobilizacións en demanda de carga de traballo e a construción do novo dique flotante, conxuntamente coas protestas semanais que teñen convocadas os empregados e empregadas das administracións públicas. Ambos colectivos de traballadores/as protagonizarán unha concentración previsibelmente multitudinaria ás 12:00 horas, na Praza de Armas.

Pola súa banda, os membros do Comité e os delegados/as das auxiliares manteñen o peche no Concello de Ferrol á espera de que Navantia ou a SEPI atenda as súas reivindicacións e concrete unha data para a Comisión de Seguimento do Dique, cando xa van cumpridas as dúas semanas dende o inicio da acción de protesta. O Comité tamén solicitou unha reunión coa xunta de voceiros municipais para coñecer que xestións están a realizar.

Dende a Sección Sindical da CIG urxiuse unha reposta por parte da empresa pública ante a gravísima crise que o sector. Crise que, puntualizan, non está solucionada co publicitado contrato con Pemex, tal e como pretende facer crer o presidente da Xunta e candidato do PP, Alberto Núñez Feijoo. Neste senso, Manel Grandal aclarou que a día de hoxe a representación dos traballadores/as descoñece os termos e as condicións do contrato, circunstancia que non se dera nunca antes na empresa.

Isto, sumado ás novas que chegan de México a respecto de que a decisión de contratar os dous floteis en Vigo e Ferrol se tomou de costas ao Consello de Administración da petroleira e que a construción de buques –que non entra dentro das liñas principais de negocio de Pemex- se enmarca nun "acordo global", fai sospeitar que atrás desta manobra (tan ben utilizada a nivel electoralista) se agochan outros intereses que nin os gobernos do PP nin a dirección da compañía parecen dispostos a desvelar.

Fronte a xogadas políticas e intereses empresariais, Grandal lembra que os estaleiros da ría de Ferrol están perdendo carga de traballo na área de carenas, pois compañías que até o de agora facían as reparacións en Navantia comezaron a contratar servizos nos estaleiros de Francia, que dispoñen dun dique de maiores dimensión.

Ante esta situación, a Sección Sindical da CIG advertiu que non construír o novo dique, suporá que a área de Carenas de Navantia quede anquilosada e fóra do mercado de reparacións. Ademais, levar a cabo esta obra daría ocupación inmediata aos estaleiros da ría mentres non se concretan máis contratos que proporcionen a carga de traballo necesaria para manter os niveis de ocupación e a recuperación dos postos de traballo perdidos no último ano.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.