Desde CNT chamamos a todas as traballadoras e traballadores, desempregados, xubilados, estudantes, etc., a actuar e organizármonos para:
• Non pagar a inxusta débeda nin os seus intereses.
• Rexeitar rotundamente as medidas represivas que o estado está tomando contra as activistas sociais e sindicais.
• Rematar dunha vez coa reforma laboral e os recortes salariais.
• Defender os servizos e empresas públicas contra o seu deterioro planificado e a súa privatización.
• Esixir a dimisión do goberno, tanto o central coma o autonómico, e de calquera outro que estea ao servizo da troika.
• Construir unha alternativa social e política que defenda os intereses da clase traballadora.
Por todo isto, convocámosvos a unha concentración na praza do Toural o mércores 26 de setembro, ás 19.30.
Non faltedes!
Porque a crise é o capitalismo!
Por unha greve xeral europea!