1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

230912 precosGaliza - Galiza Hoje - Ven "incrible" que, ante a "inminente" entrada do paquete lácteo en outubro, "non haxa unha dinámica de traballo neste campo".


Unión Agrarias (UU.AA), Sindicato Labrego Galego (SLG) e Xóvenes Agricultores (XX.AA) convocaron unha mobilización o próximo día 4 de outubro, en Santiago de Compostela, para urxir unha solución "inmediata" ao sector lácteo ante a "gravidade" da situación económica que padecen as explotacións agrarias debido a "os ruinosos prezos do leite".

Anunciárono este venres representantes do tres organizacións nunha rolda de prensa conxunta e na que estiveron presentes a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba; o seu homólogo en UU.AA, Roberto García; así como o secretario xeral de XX.AA., Paco Bello, quen avanzaron que tamén prevén reunirse cos candidatos á Xunta para "trasladarlle as demandas do sector".

Neste escenario, Roberto García lembrou que o 4 de outubro cúmprense "tres meses" da celebración da reunión na que as organizacións lle trasladaron ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "situación excepcional" que vive o mercado galego, no que, "a pesar de ter un leite da mesma calidade que noutras comunidades", os produtores "cobran menos".

Segundo indicou Isabel Vilalba, pese ao tempo transcorrido, "non se alcanzou ningún compromiso" que permita dicir que, "polo menos, chegouse ao camiño da solución". Ademais, criticou que "por parte da distribución non houbo ningún tipo de intento de cambiar esta situación" algo que tampouco se realizou por parte da industria".

"PAQUETE LÁCTEO"

A estas cuestións, a secretaria xeral do SLG engadiu a "inactividade" das institucións para "mover a mesa do leite". "Non temos ningunha noticia sobre a celebración da mesa do leite, mesmo cando o próximo día 3 entran en vigor os contratos homologados", lamentou.

"Queremos forzar ás institucións e, mesmo, á industria directamente, a convocar a mesa do leite tanto a nivel galego como a que regula o paquete lácteo a nivel estatal", asegurou Vilalba antes de considerar "incrible" que, "ás portas da entrada en vigor do paquete lácteo no mes de outubro non estea establecida unha dinámica de traballo neste campo".

ESPADA DE DAMOCLES

Sobre esta cuestión, Paco Bello explicou que, os gandeiros "aínda non coñecen o borrador deste paquete que pode ser unha nova espada de Damocles encima da cabeza dos gandeiros" dado que, como augurou, "poderán ser reféns dunha situación imposta pola industria unilateralmente".

Así mesmo, Roberto García avanzou que, "se na próxima semana non hai unha convocatoria urxente da mesa láctea para cubrir co prezo do leite os custos de produción" os sindicatos "farán a convocatoria formal e con acuse de recibo para tomar medidas coa industria e a distribución".

"Non pedimos partidas orzamentarias, senón que sexa o libre mercado o que determine o prezo do leite" pois "somos conscientes de que o Goberno está a ser cómplice da industria para manter un prezo baixo para aplicar nos contratos a partir do día 3".

CONTACTOS COS CANDIDATOS

Ademais, Vilalba avanzou que as organizacións agrarias "convocarán aos distintos candidatos" que se presentan ás eleccións autonómicas para pedirlles "apoio e solucións" así como "a incorporación das demandas do sector nos seus programas".

"Escoitamos nos medios que os candidatos teñen como prioritario o traballo noutros campos, pero non deben esquecer que o sector lácteo emprega a máis de 67.000 persoas en Galicia e é fundamental en moitas comarcas", apuntou.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.