Os trabalhadores e trabalhadores de Forem vítimas das agressons laborais de CCOO começam amanhá umha greve indefinida. A seguir, reproduzimos o comunicado recebido polo Diário Liberdade:
"ASEMBLEA DE TRABALLADORAS-ES DA FUNDACION FOREM DE COMISIÓNS OBREIRAS DE GALICIA INFORMA
Que o próximo luns día 24 de setembro, como xa anunciaramos, os traballadores da Fundación Forem Galicia CCOO comezaran unha folga indefinida cuxo motivo desencadeante é a aplicación por parte da dirección da Fundación dun expediente de regulación de emprego cuxo número de despedimentos alcanzaria o 63,10% da actual plantilla, ofrecendo ao mesmo tempo unha indemnización de 20 dias por ano, aplicando deste xeito a reforma laboral pola que venimos mostrando o noso máis profundo desacordo dende fai tempo.
Este luns 24 concentrarémonos diante do centro de Forem Santiago, na Vía Edison do Polígono do Tambre, a partires das 8:00 AM
Os traballadores de Forem a traves deste comunicado tamén queren expresar a idea de que non pretenden prexudicar a ningún usuario dos seus servizos, moi ao contrario, lamentan non poder atendelos debidamente,enviandolles un chamamento á solidariedade."
Foto: CCOO