Foto: José Manuel Sánchez, máximo representante de CCOO na Galiza.
Reproduzimos a seguir o comunicado remetido ao Diário Liberdade polo coletivo de trabalhadores e trabalhadoras afetadas:
"Os traballadores e traballadoras de Forem-CCOO convocamos aos medios de comunicación este martes, 18 de setembro, para dar conta á opinión pública das decisións e vindeiras accións coas que loitaremos contra o ERE de extinción no que está inmersa a entidade e que xa foi denunciado polos representantes do persoal en varias ocasións.
Por decisión da asemblea, as traballadoras e traballadores de Forem-CCOO anunciamos a nosa intención de convocar unha folga indefinida dos-as traballadores-as de estructura, que estará vixente ata que a empresa teña vontade de renegociar e aceptala nosa proposta dun ERE de redución de xornada, algo que polo de agora negáronse a facer. E da non aplicación da reforma laboral
As condicións actuais do ERE son intolerables para nós, ao supor unha brutal redución de persoal e consecuentemente de servizos: desaparecerán 24 dos 35 postos de traballo que forman a estrutura de Forem-CCOO e pecharán os centros de Ferrol, Cervo e Ourense.
Os traballadores entendemos que a situación provocada é arbitraria e de extrema gravidade ó considerar que tales medidas abocan ó desmantelamento desta fundación a favor dos intereses económicos que para o sindicato de CCOO de Galicia esta situación conleva, antepoñendo así os seus intereses aos dos seus traballadores e afiliados, aos que deixa na indefensión máis absoluta.
Na rolda de prensa explicaremos máis polo miúdo tanto as condicións do actual ERE como as nosas propostas, a situación actual da entidade, e outra información que poida servir para explicar a dramática situación na que estamos agora inmersos."




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.