first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: sanidade pública  saude  ponte vedra  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150912 sanidadepublicaGaliza - Esculca - A Asociación para a Defensa dá Sanidade Pública (ADSP) denuncia acoso a un traballador do Complexo Hospitalario de Pontevedra, membro da Asociación e detacado activista na defensa do Sistema Sanitario Publico. Segundo a ADSP, esta adscrición estaria na base dos esforzos da administración para impedir o seu acceso à Xefatura do Servizo de Psiquiatría do CHP.


Ante a convocatoria, por terceira vez,  do Tribunal para adxudicar a Xefatura do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar á opinión pública e profesional que:

1.- Consideramos escandaloso e inaceptable o empecinado acoso profesional por parte da administración ao Dr. Pedreira, membro destacado da nosa asociación

2.- Baseamos esta afirmación na sesgada valoración polo Tribunal elixido pola Xerencia dos méritos profesionais e da presentación realizada polos dous candidatos,  que obrigou ao Dr. Pedreira a presentar un recurso no que sinalaba a actitude de animadversión manifesta cara ao por varios membros do tribunal e esixía a súa anulación en base a que un dos membros do Tribunal non reunía os requisitos que se requirían nas Bases da Convocatoria.

3.- Como consecuencia deste recurso anulouse (por segunda vez) todas as intervencións do Tribunal. Posteriormente a Xerencia do CHOP volveu nomear a fume de carozo (15 días antes do vencimiento do período) , probablemente coa finalidade de resolvelo antes das Eleccións Galegas. Por que será?.

4.- O "novo" tribunal é o mesmo que o "antigo", excepto na substitución da persoa que non reunía os requisitos por outra de Alacante (parece que non se fían de ningún xefe de servizo de Galicia para este mester).

Deste enrevesado proceso deriváronse consecuencias e prexuízos para os candidatos (hai que repetir o "show") e para o erario público: gastos derivados de desprazamentos, dietas, perdas de xornadas de traballo, etc. Quen vai sufragar estes gastos?

Por todo iso chamamos a todos os profesionais a que o 17 de setembro acudan ao Salón de Actos como testemuñas dun novo capítulo de acoso a un profesional de prestixio , pola súa adscrición ideolóxica, a súa defensa sen concesións do Sistema Sanitario Público e o seu papel destacado como membro da nosa Asociación.

Foto: Praça


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.