Foto: José Antonio Gómez, secretário-geral de CCOO na Galiza
"Mañá xoves 13 de setembro, a asamblea de traballadores-as de Forem-CCOO, concentrarase diante do edificio do SN de CCOO de Galiza pedindo á dirección desta fundación que rexeite o ERE de extinción proposto por esta dirección e se avenga a negociar un ERE de reducción de xornada para todos-as os-as traballadores-as.
Os representantes legais dos traballadores da Fundación Formación e Emprego (FOREM) do SN CCOO denuncian a dificultade de negociación. Si ben a dirección e o presidente do padroado están dispostos a reunirse tódolas xornadas que entendamos necesarias, non van mudar a súa proposta inicial deixando na rúa a 24 traballadores-as dos 35 que compoñen o total de estructura.
As causas alegadas son a "previsión de perdas económicas" e o que queren facer é:
- Peche de 3 centros: Cervo, Ferrol e Ourense
- 24 despidos
- 20 días de indemnización
- Movilidad funcional e xeográfica das persoas que quedan
- Reducción salarial
Todo isto tradúcese na aplicación da "explendida" reforma laboral do PP, que facilita argumentos e medios aos patronos do SN de CCOO de Galiza para a aplicación extrema da súa finalidade; que non é outra que facilitar o despido e a impugnación das conquistas socio-laborais (Desaparición do convenio colectivo)
Os traballadores entendemos que a situación provocada é arbitraria e de extrema gravidade ó considerar que tales medidas abocan ó desmantelamento desta fundación a favor dos intereses económicos que para o sindicato de CCOO de Galiza esta situación conleva; antepoñendo así os seus intereses aos dos seus traballadores e afiliados, aos que deixa na indefensión máis absoluta.
A proposta dos traballadores de manter todos os postos de traballo aceptando reduccións temporais de xornada é xusta, lóxica e viable e exisimos que sexa estudiada."

