A Confederación Intersindical Galega ten convocada para este martes, 11 de setembro, unha manifestación de delegados e delegadas en contra das políticas de recortes e as medidas antisociais aplicadas polos gobernos español e galego. A convocatoria realízase coincidindo coa asemblea nacional da delegados/as da CIG que terá lugar previamente (ás 10:00 horas) no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
No marco desta asemblea debaterase e decidirase sobre as necesarias accións a desenvolver pola central nacionalista contra a crise económica e en resposta ás últimas medidas de recorte e axuste adoptadas polos Gobernos de Mariano Rajoy e Núñez Feijoo contra a clase traballadora.
Ao remate da mesma, os delegados e delegadas sairán en manifestación, por volta das 12:00 horas, dende o Pazo de Congresos até o complexo administrativo da Xunta en San Caetano.
Foto: CIG




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.