1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

100912 novagaliciabancoGaliza - Galiza Confidencial - Novagalicia Banco planea desfacerse dos traballadores de máis de 50 anos. Adiou a decisión para evitar que se converta en argumento electoral, segundo fontes relacionadas coa empresa.


Novagalicia Banco prepara xa o que se convertirá no seu cuarto Expediente de Regulación de Emprego, despois das 1.200 prexubilacións e o despido de máis de 300 traballadores en marzo. Neste caso a medida afectará aso traballadores maiores de 50 anos, un número que podería oscilar entre as 500 persoas, segundo as fontes consultadas próximas á entidade financeira.
 
Aínda que as negociacións están nunha fase inicial, a entidade plantexa condicións "ventaxosas" para aqueles traballadores que teñan o medio século de vida, aínda que a súa saída non sería considerada como unha prexubilación. 
 
Condicións
 
Os traballadores que se acolleron ás baixas voluntarias en marzo marcharon con 30 mensualidades e unha media de 90.000 euros por traballador. Ese é o teito que manexan os directivos da entidade con este novo ERE, aínda que se non hai acordo ameazan con aplicar condicións menos ventaxosas.
 
Os sindicatos, polo momento, están avaliando estas novas intencións da empresa, pero xa apuntan a que haberá mobilizacións.
 
Debate electoral
 
A entidade fusionada quere iniciar as conversas serias en outubro, logo do remate da campaña electoral. Precisamente, e segundo as fontes consultadas, non quere que este novo ERE se convirta nun tema de debate nos comicios con críticas ao PPdeG que se sumarían as das preferentes.
 
O 96% dos traballadores, contra a fusión
 
Con todo, os traballadores levan meses temendo polo seu futuro. O 96% deles teme ser despedido, segundo unha recente enquisa elaborada pola Fundación Deas, do sindicato CSICA, entre marzo e abril pasado.
 
Asemade, un 96% dos traballadores cre que a desaparición de Caixanova e Caixa Galicia non era necesaria para restruturar o sector e que a creación de NGB se fixo de xeito "precipitado e con ausencia total de transparencia".
 
Foto: Praça Pública

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.