first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: slg  leite  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

010912 miguel arias caneteGaliza - SLG - Despois de recoñecer que as prácticas da distribución están a destruír o sector lácteo galego, o Ministro Miguel Arias Cañete debe pór en marcha medidas obrigatorias e non só pedir boa vontade.


O Sindicato Labrego Galego pídelle ao ministro Miguel Arias Cañete que tome
medidas obrigatorias que acaben coa práctica habitual do sector da distribución e
da industria de imporlles ás produtoras e produtores de leite prezos por debaixo dos
custos de produción, no marco de guerras comerciais entre as distintas cadeas.


O Ministerio manifestou que non ía estar indiferente neste momento de enormes subas dos custos de produción e solicitoulles apoio á distribución e á industria, e que integrasen nas súas dinámicas empresariais o interese estratéxico do sector lácteo, sinalando textualmente que “o que se paga polo leite máis as axudas europeas está por debaixo dos custos de produción.

O S. L.G. valora positivamente o primeiro paso que supón o compromiso do grupo Asedas no que está integrada Mercadona de chegar a un acordo coa industria para subir o prezo do leite a gandeiras e gandeiros no pagamento de setembro, despois
da análise da suba dos custos de produción.

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego Isabel Vilalba sinalou na xuntanza co ministro a necesidade urxente de que toda a distribución e a industria se comprometan con carácter inmediato na suba do prezo do leite que se paga ás gandeiras e gandeiros, debido á insostibilidade dunha situación na que o prezo de calquera fórmula de alimentación do gando custa arredor do 130% en relación co prezo do leite.


Por outra parte, o SLG tamén considera positivo que se inicie un programa de control da calidade do leite sobre as empresas e a distribución por parte das comunidades autónomas e do Ministerio, así como a intención expresada polo ministro de que se poñan medidas para evitar que o paquete lácteo e os contratos se convirtan nunha ferramenta para poñer na corda frouxa aos produtores e produtoras.


O S.L.G. quere destacar o feito de que o ministro sinalase con claridade que as prácticas da distribución están a arruinar un sector estratéxico, dado que podemos estar nun escenario no que desaparezan miles de explotacións, de postos de
traballo, e mesmo chegar nun futuro próximo a depender totalmente das importacións para acceder a un produto de primeira necesidade como o leite, e que os prezos de acceso para a parte consumidora sexan moito máis elevados e mesmo
se chegue a comprometer a seguridade alimentaria no estado español.

Despois de recoñecer de que como ministro nunca tivo a certeza dunha situación de dificultade como a que están a pasar as 22.000 explotacións lácteas e de que hai un gran compoñente social que debería evitar que se empregase o leite nunha
guerra comercial, o ministro emprazou á distribución a unha xuntanza bilateral para o xoves da semana que vén.

Para o SLG, a actuación do Ministerio non pode ser só pedir boa vontade da distribución para que deixe de impor prezos ruinosos para as explotacións, posto que hai claramente ilegalidades que deben ser perseguidas e sancionadas como o
feito de que a distribución impoña prezos de venda que obriguen a un sector a vender a perdas, haxa acordos recoñecidos pola Comisión da Competencia das Industrias para impor estes prezos ruinosos, ou que haxa leite francés estandarizado
a 26 céntimos no Estado Español, cando cos prezos que se pagan en Francia máis os transportes sería imposible que baixase de 33,50 céntimos..

O ministro tamén sinalou que está a traballar co Ministerio Francés sobre o tema do incremento do prezo dos cereais, indicando que, á parte de algúns outros motivos como a seca nalgúns países, está a ser determinante a especulación dos mercados de futuros para esta volatilidade. Dende o Sindicato Labrego Galego, queremos lembrar que está volatilidade que está a comprometer a alimentación da nosa gandeiría, tamén é responsable da fame de millóns de persoas no mundo. Por isto, demandámoslles as administracións estatais e europeas medidas urxentes e decididas que acaben dunha vez por todas co volatilidade de prezos e coa especulación financeira no mercado de alimentos.

Foto: FIAB


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.