1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

240812 cnt vigoGaliza - CNT - Gabrat S.L. é unha empresa radicada en Porriño e dedicada principalmente á obra pública. Con tan só 10 empregados ten facturado no último ano 2,5 millóns de euros.


O seu propietario, Guillermo Villar Díaz, é famoso en Porriño pola súa forma de actuar despótica, ademais de ter varias empresas e cargos importantes noutras tantas. Don Guillermo ten o costume de non pagar as nóminas dos seus empregados, nin en tempo nin en forma: a día de hoxe débelles aínda unha paga do ano pasado. Ao tempo, non ten reparos en pasearse no seu novo automóbil de 40.000 euros. Non, se chulería non lle falta!

De poucos meses a esta parte, Gabrat S.L. semella recortar gastos coa famosa fórmula de despedir aos empregados de máis antigüidade e contratar outros novos con menor salario e dereitos. Non lle imos botar as culpas de que os gobernos poñan esto cada día máis doado para empresarios piratas.
Informacións de boa fonte deste sindicato, fannos sospeitar que, en breves, Gabrat S.L. vai dar suspensión de pagos. Ata agora os seus traballadores teñen actuado de forma confiada e sumisa e os que ousaron erguer a voz foron despedidos.

A CNT-AITde Vigo fai un chamamento a tod@s @s traballadores/as de GABRAT S.L. e das empresas de Guillermo Villar Díaz a que se organicen, se informen da situación e a que actúen en defensa dos seus intereses. A CNT-AIT de Vigo aníma@s a contactar con este sindicato e cos afiliados que a CNT ten nestas empresas.

A CNT non vai deixar impune as actuacións despóticas de empresarios explotadores! Utilizaremos as vías legais e sindicais que estimemos oportunas e, sobre todo, denunciaremos alí onde este home queira levar a cabo as súas prácticas proprias do século XIX.
Guillermo, paga o que debes!!!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.