first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: CNT  Compostela  greve  laboral  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210812 cnt composGaliza - CNT - Da CNT de Compostela convocamos a clase obreira de Compostela a un acto de protesta contra os novos cortes de dereitos que o governo do PP segue a perpetrar.


No camiño cara a unha nova greve xeral que active a resposta da clase obreira contra a dictadura do capital, convocamos unha concentración na Praza das Ánimas este mércores 22 de Agosto, ás 21:30. Para animar o acto e evidenciar a existencia de discursos contra o capital e de afirmación da loita obreira, completarase coa proxeción do filme Coup pour coup (Golpe por golpe), de Marin Karmitz, que trata unha greve de empregadas do textil coa ocupación da propia fábrica. Ademais, os compañeiros e compañeiras da asemblea da Praza Roxa prepararán unha cea popular para todos e todas as presentes.

Para CNT, a chamada crise económica non é senón a forma cotiá de funcionamento do capitalismo, xestionado por elites decidido a suprimir as conquistas obreiras e populares, nun desesperado intento por manter á boia un barco que fai augas a ollos vista.

Fronte a isto, CNT aposta pola mobilización xeral e sostida, con respostas contundentes, acordes coa gravidade dos ataques que estamos a sufrir os traballadores e traballadoras.

Apuntamos a un cambio radical de modelo económico, político e social, máis aló da mera aspiración melancólica a recuperar o status quo que imperou desde a chamada transición democrática, ou a unha esteril alternancia partidista dentro dun modelo político, económico e sindical que forma parte do problema e que se atopa na orixe da dramática situación que padece hoxe a clase traballadora.

Por iso, a CNT rexeita as conclusións e propostas da chamada Cimeira Social, impulsada desde o sindicalismo de CCOO e UXT.

Un sindicalismo que, tras mirar cara a outro lado cando se precarizaba o mundo do traballo, despois de aceptar, cando non pactar, as sucesivas reformas contra os dereitos laborais básicos e contra o sistema público de pensións, mentres apoia o armazón institucional europeo, unha Constitución e uns Tratados Europeos, que coloca á clase traballadora europea aos pés da patronal e das institucións financeiras, limítase agora a propor unha ambigua volta a unha situación anterior á "crise", algo que deixa clara que a súa pretensión principal é que o estado lles siga recoñecendo o seu papel de mediadores e apaciguadores do conflito social.

A Cimeira Social non pretende senón aglutinar en torno ao sindicalismo institucional o movemento social de resposta a estes ataques, tratando de silenciar o protagonismo que no último ano tiveron nas mobilizaciones o seu cuestionamiento como apuntaladores do pacto social e a procura de alternativas. Para iso dirixen a mobilización a canellóns sen saída ou a esteriles propostas, como o son o xa rexeitado referendo ou a organización dunha consulta social, propostas que non fan senón desviar a atención sobre a falta de continuidade da greve xeral do 29M e a súa negativa a pór en marcha un verdadeiro proceso grevista en consonancia coa gravidade dos ataques.

A gravidade da situación, e o retroceso social que se pretende , esixe a unidade dos traballadores e traballadoras, e de todas as organizacións de clase, pero ao redor dun proceso real de loita, desde a ruptura co pacto social, e analizando as causas que nos levaron a esta situación. Por iso a CNT estará na rúa, de onde non saíu nos últimos anos, con mobilizacións propias e tamén, de xeito conxunto con quen queira realmente loitar neste sentido.

Na situación que estamos a vivir todos os traballadores e traballadoras dispostos á loita por un cambio social, debemos reflexionar sobre a necesidade de dotarse dunha organización sindical disposta a iso, e sobre a urxencia de romper cun modelo sindical e político que non fixo senón facilitar o enfraquecemento, derrota tras derrota, do movemento obreiro.

A convocatoria dunha greve xeral de 24 horas en Euskadi e Navarra para o próximo 26 de Setembro colócanos a todos ante a disxuntiva de asumir a nosa responsabilidade, os motivos que xustifican esta greve esténdense máis alá destes territorios ao conxunto da clase traballadora e por iso interpela directamente á vontade real de loita de quen, neste momento, teñen a capacidade de estender esta convocatoria a todo o estado, que deben dar a cara e non esconderse detrás de absurdos referendos, ou da enésima manifestación.

Nesa sentido a CNT fai un chamamento a outras organizacións sindicais combativas, aos movementos sociais e aos traballadores e traballadoras en xeral para traballar por desbordar e estender as greves sectoriais e de empresa previstas para o mes de setembro, para tratar de facer da extensión da greve do 26S a todo o estado un proceso irreversible, e tras esta apostar por ir máis alá dos paros de 24 horas, cara a un proceso folguístico con capacidade real de cuestionar o modelo político e económico.

Nese sentido, e de non estenderse finalmente a convocatoria, a CNT, convocante da greve en Euskadi, xunto a ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, EHNE, Hiru, CGT e máis dun centenar de organizacións sociais, convocará o 26S en todo o estado unha Xornada de Loita en apoio a esta greve xeral, xornada que propuxo organizar de forma conxunta a outras organizacións sindicais combativas.

Fronte ao paro , os recortes e o pacto social. Nin consultas , nin referendums, é a hora de loitar. Cara á Greve Xeral.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.