Nestes tempos de crise, cando o Concello debería aportar solucións para os problemas da cidade e da súa xente, o que está facendo é crear problemas absurdos en base a unha política sectaria.
A tentativa de quebrar o acordo polo que o Concello cedeu por unanimidade os locais da rúa Magdalena ao Ateneo Ferrolán está creando un grave problema a esta entidade e pon en risco as súas actividades e tamén os postos de traballo que esta entidade mantén coas cotas dos seus socios.
Para a CNT é indignante que o Partido Popular que gañou as eleccións baixo a promesa de resolver o problema do paro, sexa agora o que recorta as prestacións aos parados e o que pon en risco os postos de traballo do persoal do Ateneo.
Ademáis, queremos denunciar que o intento de desprazar ao Ateneo dos seus locais sociais responde unicamente a un interés político por controlar o ambiente cultural da cidade, aínda que sexa facendoo cada vez máis pobre e sectario.
Ferrol, 12 de agosto de 2012
Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.