1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

100812 concGaliza - CIG - A próxima mobilizaçom está convocada para sexta 24 de agosto, coincidindo com o Conselho de Ministros.


As organizacións sindicais volveron a concentrarse nesta sexta nas distintas comarcas do país para manifestar o seu rexeitamento ao último paquete de medidas imposto polo Executivo de Mariano Rajoy, que son a primeira consecuencia do multimillonario rescate á banca. As organizacións sindicais teñen acordadas novas mobilizacións, a primeira delas coa convocatoria de concentracións en todas as comarcas sexta-feira, día 24 de agosto, coincidindo com o Conselho de Ministros.

Con estas mobilizacións denúncianse as consecuencias das diferentes medidas adoptadas desde o comezo da crise, nomeadamente as adoptadas polo PP desde a súa chegada ao poder: as reformas laborais; a diminución das pensións; a práctica desaparición da negociación colectiva; as conxelacións salariais; a entrega de miles de millóns de euros aos bancos; os incrementos de taxas nos servizos públicos (como no ensino e universidade); o incremento da contribución no abono sanitario, para toda a cidadanía e para os pensionistas; a desaparición do aseguramento universal no noso sistema estatal de saúde e a retirada da cobertura de centos de medicamentos, obrigando as cidadáns a súa compra.

Medidas que se teñen completado nestas últimas semanas coa diminución aínda maior dos dereitos das persoas traballadoras. Recortes que se producen e xustifican criminalizando unha vez máis aos empregados públicos, aos que ademais se lles rebaixa o salario, e que se acompañan con medidas como o incremento do IVE, un novo recortazo ao FOGASA e os dereitos de quen percibe o desemprego.

Denuncian que o obxectivo destas políticas é incrementar os beneficios dos chamados "mercados" e as súas arcas, a custo dos e das de sempre: o pobo traballador e as persoas con máis necesidades sociais, nomeadamente desempregados/as, pensionistas e dependentes.

Consideran que é una loita na que o capital financeiro e o grande poder económico, nin dubidan, nin van dubidar, en empregar todos os medios ao seu alcance para seguir a enriquecerse, aínda que isto supoña, que a clase traballadora quede condenada á pobreza, á fame, á desprotección diante da enfermidade e á miseria.

Por isso, fam um chamado à mobilizaçom social como única forma de reverter esta situaçom, para caminhar cara a um novo modelo económico e social mais justo, mais equitativo e mais solidário.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.