As dúas traballadoras, limpeza e administración, máis o traballador responsable da Biblioteca-Hemeroteca (que tamén somos socias e socio desta entidade) instamos ao Alcalde do Concello que non demore por máis tempo o trámite de recpción das obras do Ateneo, ou que asine o permiso de ocupación mentres rematan cos "detalliños".
Lembramos que o Ateneo mantén estes 3 postos de traballo, nalgúns dos casos dende hai máis de 20 anos, e ...... QUEREMOS TRABALLAR!
Logo de 10 anos sufrindo ás inundacións no edificio, os perigos de derrumbes e a falta de espazo nas dependencias do Ateneo, por fin chegaron as obras facilitándosenos, para poder desempeñar o noso traballo un espazo habilitado para tal fin, o "zulo" como xa é coñecido pola cidadanía de Ferrol e superando os invconvintes do que supón unha obra destas características.
Polo que, sabendo como sabemos, que tan so falta a recepción das obras, non entendemos que se esté xogando cos nosos postos de traballo.
Os tres reclaman poder traballar con dignidade e normalidade.
Asinan:
Mª Soledad Fontenla Fuster
Cristina Meizoso Alonso
Fernando Rivera García
Foto: Ártabra21


