Para a CGT, calquera despido é inxusto, pero non hai despido máis aberrante e provocador que o do capricho do patrón: aquel que toca non se sabe ónde, nin cándo, nin a quién. Só coa solidariedade, o apoio mutuo e maila acción directa dos traballadores, poderemos conseguir que cesen estas inxustas agresiónes que estamos a padecer.
Por isto, a CGT convoca, xunto coa CIG, unha Concentración en protestas polos despidos o vindeiro martes 7 de agosto as 15:00 horas, diante da empresa, no Edificio Proa de Matogrande.
Xa é hora de que os traballadores lle plantemos cara, a dirección da empresa, que únicamente busca explotarnos cada vez máis, para acadar o máximo beneficio a nosa conta ... Temos que ser conscientes de que todos estamos sendo atacados. Tentan que sexamos sumisos meténdonos o medo no corpo, coa única intención de irnos aniquilando pouco a pouco. SE TOCAN A UN, TÓCANNOS A TODOS
Foto: CGT

