As centrais sindicais denunciaron, nas diferentes concentraçons, as reformas laborais; a diminución das pensións; a prática desaparición da negociación coletiva; as conxelacións salariais; a entrega de miles de millóns de euros aos bancos; os incrementos de taxas nos serviços públicos (como no ensino e universidade); o incremento da contribuiçón no abono sanitario, para toda a cidadanía e para os pensionistas; a desaparición do asseguramento universal no nosso sistema estatal de saúde e a retirada da cobertura de centos de medicamentos, obrigando as cidadáns a súa compra.
Medidas que se tenhem completado nestas últimas semanas com a diminución aínda maior dos dereitos das pessoas trabalhadoras. Cortes que se producen e xustifican criminalizando unha vez mais aos empregados públicos, aos que ademais se lles rebaixa o salario, e que se acompañan con medidas como o incremento do IVE, um novo recortazo ao FOGASA e os direitos de quen percebe o desemprego.
As centrais sindicais denuncian que todas estas medidas teñen como obxectivo incrementar os beneficios dos chamados “mercados” e as súas arcas, a custo dos e das de sempre: o pobo traballador e as persoas con máis necesidades sociais, nomeadamente desempregados/as, pensionistas e dependentes.
Consideran que é una loita na que o capital financeiro e o grande poder económico, nin dubidan, nin van duvidar, em empregar todos os meios ao seu alcance para seguir a enriquecerse, aínda que isto suponha, que a classe trabalhadora quede condenada à pobreza, á fame, á desprotección diante da doença e á miséria.
Por isso, fan unha chamada á mobilización social como única forma de reverter esta situación, para caminhar cara un novo modelo económico e social máis xusto, máis equitativo e máis solidario.

