1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270712 pactosocialGaliza - Galiza Hoje - Trasladáronlle a súa vontade de "esperar" antes de convocala. A central nacionalista reitera a "necesidade" do paro, que pretende fixar para o 26 ou 27 de setembro.


Comisións Obreiras (CC.OO.) e UGT trasladaron este xoves á CIG a súa vontade de "esperar" antes de convocar unha nova folga xeral. Segundo afirma a central nacionalista, os sindicatos estatais "están máis centrados na campaña de esixir un referendo e apoiarían a convocatoria de folga xeral se efectivamente o Goberno non o convoca".

Este xoves reuníronse o secretario xeral da CIG, Suso Seixo; os responsables de CC.OO. e UGT en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, respectivamente; os responsables de organización estatais de CC.OO. e UGT, a secretaria de Organización da CIG, Elvira Patiño e a secretaria de Muller, Margarida Corral Sánchez.

Seixo comunicou aos representantes de CC.OO. e UGT a súa intención de fixar para o 26 ou 27 de setembro a convocatoria dunha nova folga xeral, ante o "grande retroceso" que observaron todos os participantes na reunión debido ás medidas gobernamentais.

Non houbo acordo e as tres organizacións acordaron citarse novamente a principios de setembro, "para revisar a situación", segundo apunta a CIG a través dun comunicado de prensa.

A central nacionalista, que remarca o "firme convencemento" de que o Goberno central "non vai convocar ese referendo", celebrará este venres unha reunión extraordinaria da Executiva para valorar o panorama.

"Ningún sentido convocar dúas folgas"

Así, subliña que o obxectivo en setembro será "intentar acordar unha data para a convocatoria de folga xeral". "Non tería ningún sentido convocar dúas folgas xerais en Galicia con pouca diferenza de días", constata o secretario xeral Suso Seixo.

A maiores, a organización sindical indica que a reunión deste xoves abre "unha perspectiva de traballo que ata agora non había debido ás políticas de concertación social ás que a CIG se opoñía". "Esas mesas de concertación e diálogo social hoxe non existen", incide, para resaltar que, ao seu xuízo, se o Goberno non cambia" de políticas, "deberíase anunciar outra folga xeral como referencia de aquí a final de ano".

Foto: RTVE - Méndez e Toxo, líderes no Estado espanhol de UGT e CCOO, na assinatura do "Pacto Social e Económico" junto com governo pró-capitalista espanhol e patronais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.