1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

240612 prefeGaliza - Praça - “É unha burla”. Afectados polas participacións preferentes de Novagalicia Banco (NGB) rexeitan de maneira rotunda a vía de arbitraxe á que o xoves deron o seu visto e prace o Banco de España e máis a Comisión Europea.


Esa vía desbota completamente a posibilidade dunha solución global para os afectados, tal e como levan reclamando as diversas plataformas constituídas, pero permite a saída desexada pola Xunta e pola propia entidade, que advirte que será “inmediata”. No entanto, a letra pequena é clara. O camiño da arbitraxe queda reducido para unha minoría dos enganados, que sería pouco máis do 10% do global dos afectados, uns 43.000 en toda Galicia.

Polo momento, NGB ten preto de 2.000 peticións neste sentido. Ademais, e tendo en conta as condicións do rescate financeiro, os cidadáns sairían perdendo no troco, a non ser que opten pola vía xudicial, pola que moitos optaron pero que implica agardar moito máis tempo. Mentres, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anuncia que xa a vindeira semana comezará a ditarse laudos arbitrais para "reintegrar" os depósitos a afectados "enganados".

María Barreiro, voceira da plataforma de afectados polas preferentes do Morrazo, teno claro. “É unha burla; unha vergonza que a UE autorice a arbitraxe pero non devolvernos o 100% dos cartos”, asegura, ademais de advertir de que a solución “só serviría para solucionar os casos máis sangrantes, un 10% deles”. “Aí inclúense as persoas moi maiores, os discapacitados, aqueles nos que se demostra que hai sinaturas falsificadas... Ao resto séguennos considerando investidores, seguen considerando que sabiamos o que faciamos e que non fomos enganados, cando non é así”, engade.

Isto non é solución ningunha, senón unha estratexia que semella perfectamente preparada”, insiste Cristina Fernández, voceira da plataforma da Mariña, que desconfía das boas intencións da entidade bancaria. “Primeiro piden perdón e logo acéptanlles a arbitraxe... O seguinte paso que darán será dicir que están facendo todo o posible por arranxar o problema cando en realidade nin arranxa nada nin é unha vía válida para a inmensa maioría”, aclara, argumentando o mesmo que outros colectivos manifestaron noutros medios.

María Barreiro asegura, ademais, que esta solución “é a desexada por Novagalicia Banco e pola Xunta de Galicia porque é a forma máis sinxela de saír do paso”. “Están defendendo unha mentira e as administracións estanse poñendo do lado da entidade en lugar de apoiarnos a nós”, quéixase, tras denunciar que “os dirixentes políticos céntranse en poñerlles as cousas fáciles ás entidades financeiras”. “Estanlle facendo un favor, apoian máis os bancos que o pobo”, di.

Cristina Fernández, do colectivo da Mariña, considera tamén que NGB “ten medo” e que se agarra ao que pode para saír do paso. “Sabe que a xente, en canto recupere os cartos, vai saír correndo da entidade porque todo o que fixeron foi unha vergonza”.

Os afectados desconfían da imparcialidade dos árbitros “porque os porá a Xunta” e dun proceso que era “o que ansiaban no Goberno e no banco”. Agora, cada plataforma e afectado optará polo que mellore considere, pero desde O Morrazo xa advirten de que presentarán “demandas indiividuais e algunha colectiva”, vistos os precedentes que lle deron a razón a un afectado de Meaño ao que NGB terá que devolver os cartos. “Sabemos que será un proceso longo e pesado, pero non nolo poñen fácil; neste país, os estafadores están por riba dos estafados”, sentencia.

Foto: Xoaquin Agulla 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.