O pasado mércores producíase, convocada pola CNT e a CUT a primeira manifestación en Compostela contra a nova batería de recortes anunciada polo goberno do PP. Onte xoves milleiros de persoas saían á rúa convocadas polos sindicatos maioritarios que, sen embargo, aínda non se atreven a dar o paso e convocar unha nova folga xeral, como sí aconteceu en Euskal Herria.
Dia intenso de protesta foi xoves 19 de xullo en Compostela. Comezamos concentrándonos pola mañá ás 11:30h. en San Caetano coa participación do persoal da Administración máis nutrida dos últimos tempos. Sobre a marcha salimos fora do recinto da sede central da Xunta de Galicia para trasladar a protesta á rúa cortando a estrada durante breves minutos.Este só foi un exemplo dos actos convocados que se repetiu en moitos dos centros de traballo públicos da Galiza.
Pola tarde ás 20h. participamos na masiva manifestación con saída da Alameda convocada polos sindicatos maioritarios. Situámonos a cola da manifestación xunto con membros doutras centrais minoritarias coma e coincidindo con xente de distintos colectivos sociais da cidade. O traxecto foi bastante animado berrando consignas contra o capital e en favor dunha convocatoria de folga xeral.
Foto: CNT


