1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

190712 manisGaliza - Sermos Galiza - Vigo, Cangas e Compostela acolleron as mobilizacións das dúas centrais contra as medidas do goberno español e a prol dunha nova folga xeral


CUT e CNT sumaron forzas para expresar na rúa o rexeitamento ás medidas aprobadas no Consello de Ministros da pasada sexta feira, alén de facer un chamamento conxunto a "rachar coas cadeas do capital" e reclamar a convocatoria dunha folga xeral. Vigo, pola mañá, Cangas e Compostela, xa pola tarde, foron os tres escenarios onde decorreron as mobilizacións.

Na que tivo lugar na capital da Galiza participou ao redor dun cento de persoas. O que comezou cunha concentración na Praza da Galiza derivou nunha manifestación que percorreu diversas rúas da cidade para ter previsto rematar na Praza 8 de Marzo. Palabras de orde como "O próximo parado, un deputado", "Este rescate ídelo cobrar" ou "Tí que estás mirando, tamén che están roubando" foron constantes ao longo da marcha, así como as consignas a prol dunha greve xeral.

"Estamos fartas e fartos. Pero non nos pode a fartura ou o cansancio. Estamos fartas e fartos de que unha minoría pase por riba de nós co rodillo do seu lucro. A minoría propietaria do Capital, voraz, comprometida en afogar na fame ao pobo traballador enteiro. A cousa está clara, ou eles, ou nós".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.