A asemblea informativa do próximo venres constitúe a sexta reunión deste tipo que impulsamos desde o noso colectivo despois de pasar por As Pontes, os bairros de Caranza, Recimil, Santa Icía e o concello de Fene. En todas ela facemos un chamamento a tod@ traballador/a desempregad@ a participar ativamente no colectivo como unha forma de organizarse ante os contínuos ataques do governo contra os nosos dereitos sociais.
O recente anúncio por parte do governo español que preside Mariano Raxoi de diminuir a cuantía das prestacións por desemprego a partir do sexto mes co obxectivo de "animar a procura activa de emprego", só busca culpabilizar ao sector poboacional que representamos @s traballadores/as en situación de desemprego dunha galopante crise económica que non ocasionamos nós e que si orixinou a avaricia dos bancos aos que proximamente non lle van parar de chover os cartos que chegan en forma de rescate. Desde a Asemblea de desempegad@s da CIG consideramos unha infamia este tipo de declaracións que só poden ser contestadas na rúa mediante a mobilización social.
Foto: LaHaine - Mobilizaçom da Assembleia de Desempregad@s da CIG de Ferrol

