1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

300410_adADIANTE - ADIANTE adhire no vindeiro 1º de maio a manifestación convocada pola CUT, con saída na praza de Fernando O Católico ás 11:00 horas da mañá, baixo a lenda: Folga Xeral Xa!


Por moito que o sistema a través dos seus instrumentos de propaganda, os "medios de información" nos queira convencer, hoxe non é unha data ritual ou de lecer. A folcrorización desta data tan significativa para nós ven de lonxe, mais tanto o 30 de Abril, Día internacional da sabotaxe anticapitalista, coma o 1º de Maio, Día do internacionalismo proletario, son xornadas de loita nas que a clase traballadora debemos lanzar con enerxía as nosas reivindicacións e mais as nosas exixencias fronte ás/aos inimigas/os da nosa clase.

Non é para nada un "festivo" máis do calendario. Son moitas/os as/os compañeiras/os que no día de hoxe están a traballar arreo, principalmente no sector servizos (hostelaría, limpeza, reparto, atención ao público e en todos os Centros Comerciais do País, auténticos parques temáticos da especulación, a explotación e o consumismo). De entre elas/es, é a mocidade -carnaza das ETT's- a que está a ocupar os postos do traballo máis precario, desprovista de dereitos laborais, sociais e mesmo sindicais, ameazada pola patronal, atemorizada pola tan útil violencia estrutural do desemprego.

Non é baladí lembrar o aumento desproporcionado do desemprego no marco galego, cuxas cifras nos tiran o alento a cada pouco.

Eis o senso de estarmos hoxe aquí, na rúa. Neste espazo de expresión que nos pertence. Sabendo que con esta convocatoria puntual non abonda. Conscientes de que é preciso avanzar os 365 días do ano, organizando, traballando, e loitando para reconstruír un movemento obreiro desartellado hai 30 anos polo pacto franquismo-felipismo-carrillismo.

Unha organización da mocidade comunista e independentista coma ADIANTE é dona da súa función política no tempo que estamos a vivir: formar e organizar á mocidade traballadora, estudante e desempregada, ás novas camadas do pobo traballador, para responder de fronte ás agresións do sistema e construír unha realidade nova, é dicir: participar e artellar a batalla das ideas e soster no tempo as diferentes dinámicas dunha loita sen tregua.

E no contexto actual, de crise, de especial vulnerabilidade da clase obreira galega, só unha FOLGA XERAL pode axudarnos a medírmonos na rúa, a pasar revista ás nosas forzas, a analisar e organizar a resposta obreira, tan urxente, que deixe morto o monstro do actual sistema fraticida.

Os mesmos gobernos, as/os mesmas/os banqueiras/os, os mesmos lobbies, as/os mesmas/os empresarias/os que nos levaron da súa man a ésta crise -privatizando os beneficios e socializando as perdas-, coidan xa domesticada á clase obreira no seu conxunto, diante da súa irresponsábel pasividade. Están mesmo a se reforzar na derrota dunha clase desartellada, sen mecanismos de resposta, alienada e entregada.

Até tal punto nos consideran domésticos que invisten millóns en reclutar mozas e mozos en masa para desenvolver o rol de policías, picoletos, militares, carceleiros ou seguratas. É dicir, quérenos fieis, caladas e calados, coa disposición de defender as súas propiedades e os seus privilexios, coa disposición de maltratar e agredir á nosa clase. E rinse de nós chamándolle a esta relación de propietarios-mercenarios "traballo".

É por isto que urxe a FOLGA XERAL NACIONAL. Unha folga xeral que non é un fin en si mesma. Unha folga xeral, impulsada no conxunto do pobo traballador galego para levar á rúa o conflito, para escenificar o disenso, para recoller a proposta dunha sociedade mellor e propagar a faísca, prendela en niveis máis elevados de loita, izar o estandarte da auto-organización da nosa clase, da recuperación da nosa auto-estima, da reconstrución do movemento obreiro galego e combativo no camiño da nosa total emancipación nacional e social.

Que viva o internacionalismo proletario! Viva Galiza ceibe e socialista! ADIANTE XA, COA FOLGA XERAL!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.