1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

300410_luitaGaliza - Corrente Vermelha - "As vosas leis están en oposición á natureza, á liberdade e ao ben estar".


120 anos despois destas palabras dos cinco sindicalistas dos EEUU mortos pola sua participación nas folgas de Chicago pola xornada laboral de 8 horas, e em plena crise capitalista, os especuladores do mundo, a Union Europea, o FMI, a patronal berran: para superala non se pode gastar máis, há que reducir o déficit.

Xa esqueceron a "refundacion do capitalismo" e agora culpan aos gastos sociais do seu aumento, e os gobernos aprestanse tomar as medidas legais necesarias: reduccion das pensions, privatizacions, abaratamento do despido, aumento do IVE, imposto que só pagan os asalariados e asalariadas, etc.

Mostran o mundo o "exemplo" grego cando a realidade é que o déficit cresceu porque a banca foi resgatada co diñeiro publico, os empresários despiden, presentan EREs ou pechan empresas como Air Comet, SYKES, Alfageme,... sem nengun impedimento, e retiran o imposto sobre o Patrimonio ou as SICAV, refuxio das grandes fortunas, non pagan impostos. E a isto chamanlle "sair da crise entre todos".

O plan de choque do goberno central tem a súa version na Xunta do PP com o obxectivo do saqueo e privatizacion de todos os servizos públicos galegos rendibles, e a perda de centos de postos de traballo e mais precariedade. Desde o Sergas ate os bombeiros, desde o Consorcio de Igualdade e Bem estar ate as Escolas de Idiomas, pasando pola estrela da coroa, as Caixas de Aforro; este é o plan da Xunta.

Pola sua banda, mentras o desemprego atinxe xá a mais de 4 millons de persoas, ameazase com recurtes no gasto social e nos direitos políticos e sindicais, cando se fala dun pensionazo e das privatizacions ou se pretende unha nova reforma laboral, desde as centrais sindicais maioritarias chaman ao dialogo social freando a resposta social.

Fronte aos plans dos gobernos e a patronal xá houbo ducias de mobilizacions como os metalurxicos na defensa da Bolsa de traballo ou as plataformas contra a privatización da sanidade, mas tamen no resto do Estado, como as Folgas Xerais em zonas de Andalucia, etc., no camiño da mobilizacion que prepare unha folga xeral.

por unha saída da crise favorable á clase traballadora e o pobo

- contra o desemprego, reparto do traballo reducindo a xornada a 35 horas sem reduccion de salários.

- contra a privatizacion dos servizos, por uns servizos que resposten ás necesidades sociais con emprego de calidade e medios profesionais e materiais suficientes.

- por un plan de obras publicas e sociais, com contratacion directa desde os Concellos e institucions.

- adiantar a idade de xubilacion aos 60 anos com contrato de relevo, e equiparacion das pensions mais baixas a SMI.

- prohibicion dos EREs e dos despidos. Non máis deshaucios e condonacion das hipotecas.

- o diñeiro tem que sair de onde está, nacionalizacion da banca e os sectores estratexicos, alen das empresas em crise e cambio da política fiscal: que pague quem mais tem.

Para avanzar há que rexeitar o dialogo social, a chamada á paz social so conduce a unha nova derrota da clase traballadora, é preciso construir e fortalecer o sindicalismo de clase, unitário e combativo, sobre a base das asembleas decisórias, que retome o obxectivo da transformacion social.

ACUDE ÁS MANIFESTACIONS DA CIG


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.