1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290410_rtvgGaliza - Galicia Hoxe - O xuízo pola denuncia da Central Unitaria de Traballadores, que representa trescentas setenta persoas, levarase a cabo o vinte de maio.

 


O 20 de maio celebrarase no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o xuízo contra patronal e sindicatos da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) pola suposta ilegalidade da OPE (oferta pública de emprego), segundo informa a Central Unitaria de Traballadores (CUT), sindicato que representa 370 persoas que queren evitar o "ERE encuberto" que, segundo eles, se pretende levar a cabo na coorporación. Os sindicatos representados no comité de empresa da compañía -CIG, CC OO, UXT e USO- xa rexeiteron en numerosas ocasións esta acusación e consideran que un proceso de consolidación restrinxido ós traballadores da casa, tal como afirman que expón a CUT, sería ilegal.

A Central Unitaria de Traballadores piden a nulidade das oposición e demanda que se ordene a paralización do proceso de oferta pública de emprego no relativo á quenda libre das prazas non cubertas pola promoción interna.

Desta forma a dirección da CRTVG atrasou o seu compromiso de convocar a OPE no mes de abril debido tamén a que aínda non conta co informe preceptivo da dirección xeral de Función Pública e de Orzamentos. Por outra banda, este atraso débese á denuncia presentada pola CUT. O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez-Izquierdo, ratificou o seu compromiso de presentar en abril a convocatoria da OPE para os traballadores do ente público, unha delas, a última en sede parlamentaria, na comisión de control da entidade o pasado 30 de marzo.

Non obstante, a dirección non levou as bases para a convocatoria ao pleno do consello da CRTVG do martes, o último deste mes, e o compromiso de realizar a convocatoria, "se ben segue adiante", queda atrasado a falta da autorización de Facenda e debido á denuncia interposta polo sindicato CUT, que non ten representación no comité de empresa, segundo fontes consultadas por Europa Press.

Estas mesmas fontes destacaron que existe un informe xurídico que rexeita que o ente público deba atender esa demanda e que, polo tanto, recomenda "seguir adiante" coa convocatoria da oferta pública de emprego. Recordaron que a celebración da convocatoria, que contaría cunhas 200 prazas, estaba acordada entre a dirección e o comité de empresa por vía xudicial, polo que lamentaron o "incumprimento" deste pacto entre ambas as dúas partes.

Na coorporación pública hai actualmente un total 443 contratos temporais. O comité considera non consolidables 154. Dos 289 restantes, 220 entran no proceso pactado coa dirección e os 69 que faltan vincúlaos a empresa a "programas non permanentes na grella" da televisión e a radio.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.