1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290410_caixanovaGaliza - CIG - As mostras remitidas pola CIG a un laboratorio confirman a presenza de amianto nas obras da central de Caixanova.


O Gabinete de Saúde Laboral da Confederación xa presentou denuncia na Fiscalía por delito contra a saúde dos traballadores/as.

Os primeiro resultados das análises realizadas ás mostras recollidas nas obras da central de Caixanova en Vigo confirmaron a presenza de amianto no edificio. Dende a sección sindical da CIG exixiron que se investigue o impacto da exposición do po de amianto e como pode afectar na saúde dos 500 empregados/as que traballan na central.

Unha das tres mostras remitidas pola CIG a unha empresa especializada deu positivo e veu confirmar a presenza de amianto nas obras da central de Caixanova. Diante desta situación, a sección sindical da CIG en Caixanova exixiu que se analice o impacto da exposición ao po de amianto e como pode afectar no futuro á saúde das persoas que traballan na central, "xa que non nos consta que en ningún momento se removese o amianto conforme as medidas de seguridade previstas na lei". Así mesmo, subliñaron o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG xa ten presentado denuncia na Fiscalía por un delito contra a saúde dos traballadores/as.

Orde de paralización

A semana pasada a sección sindical da CIG en Caixanova presentou denuncia na Inspección de Traballo ante a posibilidade de que houbese amianto entre os materiais da estrutura do edificio da central en García Barbón. Despois de recoller mostras sospeitosas, que foron amosadas á Inspección de Traballo, a CIG remitiunas a un laboratorio independente para sometelas a análise.

O xoves 22 e o luns 26 de abril, a Inspección xirou visitas ás obras. Houbo unha orde de paralización da obra que finalmente o Xefe da Inspección en Pontevedra decidiu que fose parcial. O martes 27 houbo unha nova visita da Inspección para comprobar a recollida de mostras dos materiais por parte dunha empresa especializada.

Dende a sección sindical destacaron que o persoal que recolleu as mostras ía enfundado nun traxe illante con máscaras e luvas, mentres que "nós puidemos estar expostos ao po do amianto durante nove meses en mangas de camisa".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.