1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280410_refinaria_corunhaGaliza - CIG - O pessoal vai apresentar esta manhá umha denúncia perante a Inspecçom de Trabalho.


Os representantes do Comité de empresa de Repsol na Comisión Investigadora creada tras o accidente na refinaría do pasado 15 de abril, veñen de abandonar dita comisión tras o anuncio da petroleira de reabrir este mércores a planta de coque na que se produciu o sinistro. O Comité, que considera prematuro poñer a planta en marcha sen ter determinadas nin as causas do accidente nin as medidas correctoras necesarias para que non se repita, xa anunciou que vai presentar denuncia diante da Inspección de Traballo.  

A continuación reproducimos o comunicado emitido polos delegados do Comité de Empresa na Comisión Investigadoral:

No día de hoxe (26 de abril), no seo da Comisión Investigadora do accidente da planta de Coque a empresa informounos da súa intención de poñer en marcha a planta o vindeiro mércores, 28 de abril, os 4 delegados de prevención integrantes desta Comisión Investigadora manifestáronlle á empresa que lles parecía prematuro poñer a planta en marcha sen ter determinadas nin as causas do accidente nin as medidas correctoras necesarias para que non se repita.

Ante a persistencia da empresa de continuar coa súa idea de pór en marcha a planta o mércores, os representantes do Comité nesta Comisión puxémoslle como condición para continuar con esta investigación demorar a posta en funcionamento até que a Comisión chegara ás necesarias conclusións.

A dirección quedou de respondernos ás 16:00 horas, demorando a súa resposta até as 17:30 horas. Como era de esperar, a contestación foi que continuaba coa posta en marcha para o día 28 de abril, polo que lle comunicamos que nos retirabamos da Comisión Investigadora e faciamos recaer toda a responsabilidade de calquera accidente na dirección da refinaría de A Coruña.

Unha vez comunicado isto aos membros da dirección integrantes da devandita comisión, tomamos os seguintes acordos:

1.- Presentar unha denuncia ante a Inspección de Traballo, que xa temos elaborada e será presentada mañá (por este martes) a primeira hora.

2.- Elaborar unha nota a todos os traballadores/as para explicar cal é a situación.

3.- Enviar unha nota de prensa a todos os medios de comunicación para informalos desta situación.

Alberto Ferreiro Vázquez

Secretario do Comité de Empresa da Refinaría


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.