Concelhos ao servizo do povo galego
Para unha vida máis digna
Para acadar un país máis libre e novo
Para avanzar no caminho da nosa soberanía
Pra que nos devolvan o roubado
O Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) apoia as propostas patrióticas, democráticas e de progreso do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas que se postulan na case totalidade dos concelhos galegos nos próximos comicios do 24 de Maio e solicitamos o voto para as candidaturas que con esa denominación se apresentan en perto de 300 concelhos da Nosa Terra.
O PCPG, do que forman parte algúns camaradas e colaboradores achegados inscritos nalgunhas destas candidaturas, consideramos ao BNG-Asembleas Abertas como a forza que melhor representa os intereses e aspiracións do noso povo trabalhador nesta batalha do 24-M e expresamos a nosa confianza de que a mesma acade o éxito para conseguirmos novos espazos de poder popular local-democrático e de afirmación nacional cos que melhor defendernos dos plans anti-sociais e anti-galegos que serven os intereses do capital monopolista e financeiro.
É preciso responder unidos e con forza aos plans das organizacións corruptas do caciquismo e da reacción, así como do confusionismo divisionista á moda conciliador e servidor obxectivo do réxime que nos asobalha, e por iso chamamos á unidade das trabalhadoras e trabalhadores, así como do maior número das forzas do noso povo que, para alén dalgunha candidatura de base popular, nesta ocasión se expresa apoiando e votando as CANDIDATURAS DO "BNG-ASEMBLEAS ABERTAS"
Galiza, 17 de Maio de 2015