1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

544577195 82aacacefc zGaliza - CIG-Autonómica - Em mais umha demonstraçom de umha interpretaçom própria da democracia, o Partido Popular impede a assistência ao Pleno do Parlamento a um grupo de trabalhadores/as da Junta da Galiza.


O Partido Popular ven de impedir asistir a un grupo de traballadoras/es do Servizo de Prevención e defensa Contra Incendios Forestais (SDCIF) ao pleno do Parlamento de Galiza.

O mércores, día 6 de maio debaterase en Pleno, no Parlamento de Galiza unha Proposición non de Lei presentada polo BNG e co apoio de todos os Grupos Parlamentarios da oposición (PSOE, AGE), onde se solicita a Xunta de Galiza a creación da CATEGORÍA DE BOMBEIRO FORESTAL para o persoal do SPDCIF, a presidenta do Parlamento, e por extensión o Partido Popular, nun novo acto de demostración do seu carácter antidemocrático, impide a traballadores asistir como espectadores ao pleno.

Dende a CIG-Autonómica denuncian, de novo, outro intento de silenciar a voz das traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza que ven como se lles retira dereitos de xeito continuo e que avances que supoñen recoñecementos profesionais, pero en ningún caso supoñen diñeiro público a maiores, son rexeitados polo Partido Popular de Galiza de xeito reiterado, cando ese mesmo PP o aproba noutras comunidades do Estado, tal e como pasa coa Categoría de Bombeiro Forestal, creada en Extremadura (PP) ou Aragón (PP)

"É inaceptábel a política de acoso e derribo que utiliza o Partido Popular contra os traballadores/as da Xunta de Galiza, pero máis inaceptábel é o intento de calar as nosas voces, a actitude antidemocrática que cada día demostra, o que pense que calquera voz discrepante é unha voz que se ten que apagar", din da CIG.

O Partido Popular, nunha demostración máis que a Lei Mordaza e só a plasmación da súa política alí onde gobernan, onde pensan que as institucións son súas, onde pensan que a cidadanía está só para ir a votar cada catro anos e despois non ten nada que opinar e, por suposto, nada que participar en política.

Dende a CIG-Autonómica rexeitan esta política de amordazar ao discrepante, de intentar calar a voz da cidadanía, a voz das traballadoras e convidan o PP a facer unha reflexión democrática e a abrir a porta da institución que representa a todas as galegas e galegos a toda aquela persoa que queira saber a postura dos seus representantes de primeira man, e non con actitudes que ben parecen de épocas pasadas, ou é que no seu inconsciente esa época nunca debería ter pasado?


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.