Foto de Roi González Villa (CC BY-SA 3.0) - O sinistro Agustín Hernández é o terceiro presidente da Cámara Municipal de Compostela colocado polo PP em menos de quatro anos.
O informe elaborado por Transparencia Internacional España sítúa ao Concello de Compostela no posto 97 nunha clasificación de 110 concellos do Estado español. Este informe recolle diversos indicadores para medir o grao de transparencia dos concellos avaliados.
O mellor posto sitúase nun lamentable 60 no indicador de relacións coa cidadanía e sociedade e o peor é o 105 en transparencia económico-financieira. O resto de postos no ranking son o 97 en Información sobre a Corporación Municipal, 97 en Transparencia na contratación de servizos e 85 en Transparencia en materias de urbanismo e obras públicas.
Así mesmo, constátase o incremento das políticas de ocultación coa chegada do Partido Popular ao poder municipal, xa que no ano 2010, Compostela ocupaba o posto 29 nesta clasificación, baixando ao posto 50 no ano 2012 e rematando o descenso aos infernos da transparencia no 2014.
Estes datos non fan máis que confirmar a imprescindible necesidade dunha reforma radical nas relacións municipais co conxunto da sociedade e a constatación que esta mudanza non virá da man dos actuais inquilinos da Casa do Concello. Compostela Aberta defende a figura dun concello con “paredes de cristal” e radicalmente participativo, onde absolutamente todo sexa de coñecemento público e suxeito ao control e debate da cidadanía.
Esta opcíon, é evidente, non é a de Agustín Hernández, nin a do seu partido.