1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

3302878461 42a7bdb864 zGaliza - CIG-Autonómica - Os límites da decencia, que hai tempo que foron saltados por este goberno, quedan xa a tanta distancia de Feijoo e o seu goberno, que o pudor lles é alleo.


Foto do PPdeG (CC by-nd/2.0) - O prevaricador Barreiro Rivas (direita) com Feijó.

Tanto é así, que cando a gangrena da corrupción invade todo o corpo do Partido Popular e este apodrece, non dubidan en sinalar aos empregados/as públicos/as como culpábeis. Cando xustiza e a prensa din: Paula Prado, Pachi Lucas e Feijoo, Odilo Martiñá e Operación Zeta, e un largo etcétera, o noso goberno responde: Curso de Ética Pública para empregados/as públicos/as. Igual que Nerón culpando aos cristiáns.

A Escola Galega de Administración Pública convoca para os días 27 e 28 de novembro un curso monográfico sobre ética pública e medios para previr a corrupción destinado ao persoal ao servizo da Administración galega.

E un dos ponentes estrela vai ser un dos primeiros políticos galegos condenados por prevaricación: Xosé Luís Barreiro Rivas, ex vicepresidente da Xunta con Alianza Popular, a quen o Tribunal Supremo condenou a 6 anos de inhabilitación especial para cargos públicos.Barreiro dará a charla Os compoñentes éticos, políticos e xurídicos dunha sociedade limpa, que impartirá o xoves 27 de novembro na EGAP.

Non se pon en cuestión a competencia técnica desta persoa, senón a incompatibilidade moral que produce o feito de ter sido condenado por un delito contra a Administración Pública nun dos supostos máis graves, a prevaricación, e participar de ponente nun curso sobre ética dos empregados/as públicos/as. Barreiro pode ser obxecto, pero non suxeito da charla.

Pero o autor do agravio non é o sr. Barreiro Rivas, senón o goberno do Partido da Gurtel, de Ana Mato ou da Pokemon, o goberno do partido de Feijoo, que do xeito máis insultante posible trata de poñer aos empregados públicos/as na diana para poder seguir queimando Roma mentras os/as servidores/as públicos/as son arroxados aos leóns.

Para bordar a convocatoria no DOG deste curso, só lles falta modificar a base novena no seguinte sentido ao que están afeitos:

9. Certificado de asistencia.
Ao final do curso entregaráselles un certificado de asistencia... "Y UN REGALO DE LA HOSTIA!!".

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.