1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290914 taurinosGaliza - Jornal da Galiza - A plataforma cidadá comeza unha serie de actividades reivindicativas, como a insistencia en que o alcalde reciba os seus representantes, para exisir a supresión das axudas municipais de 47.000 € a os empresarios taurinos.


 

A plataforma cidadá Touradas Fora de Pontevedra comezou este sábado na praza de touros da cidade, unha campaña contra o convenio do Concello de Pontevedra que otorga á empresa propietaria do coso taurino unha media de 47.000 euros anuais.

A acción deste sábado consistiu na colocación dunha faixa alusiva ao convenio e a difusión pública dun manifesto coa postura que defende o colectivo antitouradas.

A actividade da plataforma continuará a semana seguinte coa presentación no Concello, vía rexistro, de devandito manifesto, unha nova solicitude para que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores reciba a os representantes de Touradas Fora de Pontevedra e outras accións públicas.

A decisión surde a teor dos diferentes cruzamentos de declaracións e da polémica suscitada recentemente coa afirmación do Concello de Pontevedra de que se continuará a negociar coa empresa propietaria da praza de touros para manter o convenio subscrito entre ambas entidades para actividades "non taurinas". Neste sentido Touradas Fora de Pontevedra querer expresar o seguinte:

A razón da nosa plataforma é a da loita en prol da erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, único recinto de tortura taurina estábel na Galiza.

Entre as nosas demandas atópase a da finalización de calquera colaboración direta ou indireta por parte das Institucións públicas, como recollemos no documento que cada ano entregamos as diferentes administracións. De feito, temos denunciado a colaboración (case sempre opaca) da Deputación de Pontevedra como principal entidade cómplice da empresa propietaria da praza.

Porén, malia que valoramos como trascendental a fin dos subsídios directos do Concello desde a chegada á corporación do BNG hai agora 15 anos, en todo este período non existiron avanzos substanciais en prol da desactivación da tauromaquia na cidade, mesmo que foron simbólicos (limitados ao tímido "logro" de que xa non aparezan no programa das festas) e todo isto sendo coñecedores das limitacións que a lexislación automómica e estatal impoñen para blindar as touradas.

A pesar da interlocución direta que tivemos co Concello en varias ocasións, as nosas demandas cara continúan sen se ver cumpridas. Non se avanzou na limitación da propaganda pro-taurina nas nosas rúas coincidindo coa "feria", nen se deu calquera paso para a consideración da cidade como "anti-taurina e amiga dos animais" -como aprobaran diferentes concellos galegos- nen se avanzou para eliminar as axudas indiretas á empresa propietaria da praza.

Neste contexto, as recentes afirmacións da Concelleira de Festas sobre a continuidade do convenio coa empresa propietaria da praza de touros para actividades "non taurinas", que ascenderon a unha media de 47.000 euros anuais, motiva a nosa preocupación: o Concello parece situarse na involución no lugar de traballar no isolamento á empresa da que se valen os Irmáns Lozano para manteren esta atávica e cruel pseudo-tradición na cidade, o cal sería coherente tanto co programa que o BNG defendeu ao concorrer ás eleccións autonómicas, como coa propia adhesión desta forza ás numerosas marchas anti-touradas que decorreron nos últimos anos Galicia, entre elas, a nosa.

Cualificamos de inapropiadas e inasumíbeis as aseveracións da Concelleira de que devandito convenio "aforra" cartos aos contribuíntes para a celebración da Feira Franca, Cabalgada de Reis, Concertos ou actividades veciñais, como se na cidade non existisen infraestruturas públicas máis que suficientes para cubrir esas necesidades.

Para nos a existencia de tal convenio é un xeito de prolongar no tempo a celebración das touradas na cidade ao contribuir á viabilidade económica da empresa, e todo isto nun momento de diminución de asistencia á praza.

Por iso esiximos ao Concello de Pontevedra que rectifique a súa actitude e depoña calquera convenio con esta empresa. Non nos valen pretextos de calquera tipo: é tempo de avanzar na erradicación desta lacra anacrónica. Por outra banda, unha corporación que asuma minimamente a loita antitouradas ten que elixir de que lado quere estar e sair da ambigüidade.

Finalmente a nosa Plataforma reafirma a súa vontade de diálogo para lograr os nosos obxectivos antitouradas -pretendidamente comuns-, conminando ao Concello a elaborar unha axenda concreta e estabelecer unha mesa que agrupe diferentes entidades sociais para planificar colectivamente medidas que cara a concientización anti-touradas e trazen un plano para un futuro sen touradas na nosa cidade.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.