1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

corruptoGaliza - Contrapoder - Externalizacións, nepotismo, contratacións irregulares ou financiación en B: eis algunhas das prácticas no fío do delito económico ligadas case indisolubelmente ao exercicio do goberno, con escasas excepcións neste sistema político.


Gobernar, especialmente en mans de determinadas forzas políticas, é un negocio lucrativo. Máis aínda cando se fai nun sistema de democracia representativa, deseñada pola burguesía para servir á burguesía, que non obriga a dar conta a ninguén nen sequera a cada catro anos, como nos contan.

Non asombra, neste escenario, que a sensación de corrupción sistémica sexa xeralizada e asumida de bo grao por calquera. Tampouco estraña a aparición de discursos populistas que apontan co dedo á «casta» mentres se apresentan como ponta de lanza dunha rexeneración que, en rigor, se sabe imposíbel se non é pola vía da transformación radical do modelo. Mais o certo é que, fóra da corrupción e das ilegalidades — que xa se saben —, o negocio de gobernar neste sistema ten a ver, e moito, co reparto de diñeiros e prebendas, que pode facerse de modo «legal» e que, en todo caso, conserva toda a discrecionalidade necesaria ao proprio sistema.

Sen dúbida, a organización que na Galiza ten apurado máis este sistema de reparto de diñeiro en troca da fidelidade é o Partido Popular. As décadas de política clientelar na Xunta, coa paréntese de catro anos do bipartido, deron para moldear convenientemente as redes de dependencia, con resultados espectaculares para calquera que ollar desde fóra, e que, por certo, explican en grande medida eses «inexplicábeis» resultados eleitorais onde a direita, tanto fai o danada que teña a súa imaxe, continúa a gañar e a se perpetuar.

Unha corrupción legal?

Que a maioría dos partidos non se sustentan apenas coas achegas da súa militancia é un feito ben sabido.  Aínda máis: hai a sensación de que o diñeiro negro circula polas veas de case todos os partidos, se non de todos, e de que a maioría dos orzamentos, non só das organizacións políticas como tamén das sindicais, teñen moito a ver con irregularidades de todo tipo. Non deixa de ser significativo que ninguén inclúa nesta listaxe negra as organizacións empresariais, ou que á luz das irregularidades contábeis descobertas a UGT e CC.OO. o sistema mediático meta rapidamente no mesmo saco todas as organizacións sindicais.

De aí que o goberno español, sustentado por un dos partidos cuxa imaxe foi máis danada polo caso Bárcenas, pola Gürthel, pola Pokemon e por tantas e tantas outras investigacións xudiciais, teña promovido un denominado «plan de loita contra a corrupción» que incluía a modificación de quince leis e que orixinou, ao mesmo tempo, unha lei de transparencia e outra de control da actividade económica dos partidos.  A partir da súa tramitación,  varias das prácticas de financiamento ou refinanciamento antes legais deixaron de selo, como a condonación de débeda por parte da banca, a concesión de créditos con xuros por baixo do mercado, ou o secreto sobre as doazóns particulares. Mais pouco máis, na realidade.

Após dous anos de anuncios grandilocuentes, amplificados pola imprensa sistémica, quen prometía transparencia e rexeneración deixou sen tocar o principal buraco polo que o diñeiro continuará a entrar para os grandes partidos: as súas fundacións, que poderán continuar a se relacionar coas empresas, exactamente igual que antes. Estes entes paralelos, que desde a última reforma do PSOE en 2011 xa non teñen límite de cantidade por doazón, tórnanse agora o principal conduto para introducir diñeiro do sector privado nos partidos. E nen sequera a promesa de que o Tribunal de Contas teña como función velar por esta situación tranquiliza xa, após se saber que apenas once funcionarios e funcionarias fiscalizan 31 partidos, 26 fundacións, 8.117 concellos, e todas as deputacións e procesos eleitorais.

Son os políticos ou é o sistema?

O certo é que un escenario como o descrito é o espazo perfeito para o auxe dos populismos que cargan sobre a perversión da «casta» en lugar de analisar rigorosamente a realidade a apontar para o sistema como motor desa corrupción (a ilegal por suposto, e a legal tamén). Nese discurso, o problema son “os políticos” que se favorecen coas pequenas corruptelas, cos grandes «pelotazos», cos sobres de diñeiro negro, cos agasallos.

Parafrasando Edward Carr: afirmar que o problema está na «casta» é certo, mais non explica nada. É necesario historiar cientificamente a contradición para acabar vendo como o camiño da corrupción fica invertido, de forma tal que a corrupción xa non é un produto da «casta», senón á inversa: que son os poderes fácticos da oligarquía (coas súas ligazóns laterais coa relixión e coas súas ligazóns frontais cos medios que fabrican a opinión pública) os que sentan no banco do poder político eses oportunos monicreques que os populismos chaman «casta» mentres afastan a atención deses mesmos poderes fácticos.

Partir de aí permite non só ter unha nova comprensión do feito corrupto como mal endémico do sistema capitalista e do seu modelo de democracia representativa. Ademais, permite estender — e muito — o proprio conceito de corrupción, no cal cabe por fin o diñeiro que desde o poder político se destina aos proxectos económicos da direita — que no caso galego pasa tamén por proxectos españolistas. O financiamento á imprensa, significadamente ao Grupo Voz, tanto através de subvencións como da contratación de publicidade, ou a entrega de diñeiro constantemente a proxectos relixiosos, tanto através da xestión de servizos de atención a colectivos desfavorecidos como por medio do ensino concertado, as privatizacións, a criazón das áreas de xestión clínica que dá acceso a microempresas ao sistema público de saúde ou o último anuncio do ministerio español de educación para financiar familias de ideoloxía supremacista, as privatizacións ou a extensión das concesións son apenas exemplos, resumidos, da maneira como as oligarquías se benefician directamente de teren no poder os seus proprios axentes.  Non parece difícil, portanto, concluír que non se trata dos políticos, mais do sistema. E que, sen revolucionalo, os casos de corrupción, máis ou menos visíbeis, continuarán non só existindo, senón constituíndo a súa columna central.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.