1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

140414 minursoGaliza - Amnistía Internacional - En xuño de 2013 o Parlamento de Galiza aprobou unha declaración institucional solicitando o traballo activo por parte do Goberno español, dentro da UE, a prol da ampliación das funcións da MINURSO (Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental) para o ano 2014, o que incluiría a vixianza do cumprimento e non vulneración dos dereitos humanos no Sáhara Occidental. 


 

Nestas últimas semanas, e coincidindo coa discusión anual na MINURSO no Consello de Seguridade da ONU, parlamentarias/os autonómicas/os de todos os partidos políticos apoiaron a incorporación dun compoñente de dereitos humanos no mandato da MINURSO participando na acción de presión ao Ministro García-Margallo organizada por Amnistía Internacional para tal fin.

En resposta á proposta da organización, varias/os deputadas/os e portavoces parlamentarias/os remitiron cartas ao Ministro de Exteriores pedindo que apoie a incorporación á MINURSO de persoas que poidan investigar violacións dos dereitos humanos, garantindo a observación independente, imparcial e constante da situación dos dereitos humanos no territorio e nos campos de refuxiados saharauis. Pola súa banda, o Intergrupo Parlamentario Paz non Sáhara, composto por membros de PP, PSdeG, AGE e BNG, incluirá a petición de AI no informe que están elaborando actualmente sobre o tema, e que será remitido ao Ministro de Asuntos Exteriores. Esta participación ven a confirmar que a MINURSO é un tema que preocupa tanto á cidadanía como aos partidos políticos, sen distinción de ideoloxías, e que lonxe de xerar controversias hai unha clara unanimidade a favor da súa ampliación.

Cada ano durante o mes abril discútese no seo do Consello de Seguridade da ONU a renovación do mandato da Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental (MINURSO), unha das poucas misións de mantemento da paz da ONU que non ten compoñente de dereitos humanos. Así, este mes cúmprese un ano dende que a MINURSO renovou o seu mandato por última vez. Neste tempo, as autoridades de Marrocos continuaron reprimindo a disidencia, impoñendo restriccións á liberdade de expresión e ás manifestacións pacíficas da sociedade civil. Amnistía Internacional ten documentado casos de activistas e manifestantes torturadas/os ou sometidas/os a outros malos tratos baixo custodia policial tras protestas convocadas para pedir que a MINURSO adopte un mandato de dereitos humanos en 2014.

Amnistía Internacional ven sinalando a necesidade de que o Consello de Seguridade da ONU amplíe o mandato das súas forzas para o mantemento da paz no Sáhara Occidental, a fin de incluír a observación da situación dos dereitos humanos. Entre as actividades levadas a cabo, a organización puxo en marcha unha ciberacción dirixida aos Ministros de Asuntos Exteriores español, José Manuel García-Margallo, e francés, Laurent Fabius, países crave na toma de decisión, para que apoien a incorporación á MINURSO de persoas que poidan investigar violacións dos dereitos humanos.

Información adicional

A Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental (MINURSO) estableceuse en 1991 no territorio que Marrocos anexionara en 1975, así como nos campos de refuxiados saharauis de Tinduf, no suroeste de Arxelia. O seu mandado consiste na vixilancia dun alto ao lume entre as forzas armadas marroquíes a Fronte Polisaria, así como en poñer en marcha un referendo para determinar a condición definitiva do Sáhara Occidental.

Dadas as susceptibilidades políticas existentes en torno á disputa aínda non resolta sobre o territorio que Marrocos anexionó en 1975, a vixiancia imparcial e constante da MINURSO podería ser decisiva. Establecer un órgano imparcial e independente de observación da situación dos dereitos humanos podería tamén contribuír a axudar á fronte Polisaria e as autoridades marroquíes a superar a desconfianza mutua que provocan as denuncias de abusos contra os dereitos humanos, e consolidar unha contorna que permita establecer conversas políticas produtivas.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.