1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto de Oly.e300 - Manobras militares nas celebraçons do extermínio perpetrado polo império castelhano na América LatinaGaliza - CIG-Autonómica - Tralo curso organizado pola EGAP sobre o "futuro da función pública" chega agora o "futuro do Estado autónomico". Desta volta, e nun novo alarde de hipocresía, a Xunta non se priva de utilizar cartos públicos autonómicos para atacar a propia configuración autonómica galega que lle permite dispoñer deses cartos.


Nesta época de austeridade chama a atención que se detraian cartos da finalidade fundamental da EGAP, formar as empregadas e empregados públicos, para organizar cursos monográficos de adoutrinamento político aos que invitar aos amigos do partido. Entre tantas personalidades do mundo da Universidade e catedráticos destacan Carlos Negreira, Alcalde da Coruña, e Romay Beccaria, actualmente presidende do Consello de Estado. E dicimos amigos porque curiosamente, entre os 11 ponentes, non figura nin unha soa muller.

Entre resto de ponentes de "diversidade ideolóxica" atopamos na conferencia inugural a Tomás-Ramón Fernández Rodríguez, catedrático emérito da Complutense, coñecido por andar en todos os programas da TDT-party falando sobre a necesidade da reforma da constitución no título VIII, para reconducir  as autonomias e retirar competencias "excesivas" que lles foran transferidas. Tamén está xa un clásico entre este tipo de cursos da EGAP, como é Roberto Blanco Valdés, unha persoa coñecida polos seus ataques á función pública galega pero que non lle fai noxos a cobrar dela.

Non resulta estrano que a organización desta clase de cursos vaian seguindo o camiño trazado pola FAES, fundación que marca a liña ideolóxica do PP, no sentido de atacar á función pública primeiro, logo ás autonomías e do Estado do Benestar, en xeral. O que sería estrano é que se organizase un curso relacionado cos niveis de corrupción galopante nas Administracións aproveitándose dos recursos públicos, o alto índice de fraude e evasión de capitais, a regresividade fiscal ou o nivel de infradesenvolvemento dos Servizos Públicos respecto ao que nos correspondería por PIB.

Desde a CIG, criticamos que se empreguen os recursos da EGAP para organizar actividades que non son de formación, senón de ideoloxización. Unha institución pública non pode dar unha visión sesgada á cidadanía sobre o "futuro do Estado das Autonomías". Porén, do programa do curso despréndese unha clara CENSURA da liña de pensamento oposta á RECENTRALIZACIÓN do Estado, por non dicir da defensa doutros modelos de estrutura territorial do Estado alleos ás políticas do Partido Popular. Trátase logo, dun curso partidista que debería financiar a FAES e ser desenvolto no ámbito do Partido Popular, e non a través dunha institución pública adicada á formación das empregadas e empregados públicos e pagado con cartos de todas e todos os contribuíntes.

Por último, imos solictar explicacións formais e reclamaremos o seu custo exacto, incluíndo organización, publicidade, ponencias e axudas de custe. Se queren convencernos de que recortar é o mellor, a base de repetir e repetir os mesmos argumentos, canto menos que o fagan cos recursos das persoas que se están vendo beneficiadas por esas políticas.

NOTA: O 4 de xuño publicouse no DOG a convocatoria deste curso monográfico. Posteriormente desde a EGAP deusélle reiterada publicidade a través de varios envíos aos correos corporativos das empregadas e empregados públicos da Xunta. A sesión incial terá lugar na EGAP o mércores, 19 de xuño, ás 13:30h.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.