1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

130413 jfGaliza - Esculca - O 8 de abril EsCULcA enviou escrito a José Julio Fernández en que o insta a presentar a renunciar ao seu cargo de Valedor do Pobo "co fin de salvagardar ao prestixio da institución", despois de ter tomado publicamente partido no escándalo suscitado pola publicación de fotografias que relacionan o Sr. Feijóo cun narcotraficante actualmente en prisión.


"Como Comisionado do Parlamento", lembra EsCULcA no escrito, o Valedor "debe  manter unha escrupulosa imparcialidade , sen amosar apoios públicos a Administración, Partidos ou Grupos Parlamentarios" (Lei 6/1984 , art. 1), sendo incompatíbel o exercicio do cargo co calquera actividade de propaganda politica (art.7).

No entanto, o Sr. Fernández comprometu gravemente a súa obrigada imparcialidade institucional ao sinalar, como Valedor, que determinadas imaxes fotográficas publicadas do Sr. Presidente da Xunta de Galiza, que centran o debate partidario nestas datas, carecen de interese informativo, o que só pode ser interpretado como  unha mostra de apoio a unha opción política concreta, dado que o Valedor non limitou a súa opinión a unha consideración teórica dos límites entre o dereito a liberdade de información e dereito á intimidade , senón que elaborou conclusións sobre o asunto concreto.

Esta intromisión no debate público contrasta no parecer de EsCULcA co silencio do propio valedor  acerca de asuntos de público coñecemento, que afectaban a súa competencia de comisionado de defensa dereitos fundamentais e non compremetían a súa imparcialiade institucional. "Non consta que o Sr. Valedor,  se teña manifestado acerca da grave situación da presa galega dona Noelia Cotelo ou acerca das queixas de familias de presos sobre a dispersión penitenciaria ou acerca da ausencia de identifcación dos policías das U.I.Ps ,  por citar varios  temas graves de debate na nosa sociedade  que afectan os dereitos en cuestión", sublíñase.
Tampouco ten constancia EsCULcA de declaracións do Sr.Valedor don José Julio Fernández  acerca dos múltiplos relatorios remitidos polo noso Observatorio en que se denuncian vulneracións de dereitos fundamentais e liberdades públicas. E se ben non esquece EsCULcA que moitos destes asuntos afectan a Administracións  alleas á autonómica , compre lembrar que o Valedor ten competencias para dar traslado dos feitos con actuacións e criterio ao Defensor del Pueblo e que, en todo caso, como Comisionado do Parlamento , sempre poderia ter amosado públicamente a sua posición nos medios de comunicación , como fixo de xeito solícito no caso das fotografías publicadas pola prensa en que o presidente da Xunta de Galiza aparece xunto ao coñecido narcotraficante Marcial Dorado.

Son estas as razóns que levan o noso Observatorio, apelando á responsabilidade política do Sr. Fernández, "e co fin de garantir a imparcialidade da Institución , cuestionada pola súa actuación individual persoal", a solicitar que ao abeiro do artigo cinco da lei reguladora da Institución do Valedor do Pobo formule a súa renuncia perante a Presidencia do Parlamento  de Galiza.

Ver aqui o escrito enviado ao Sr. Fernández.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.