O escrito-resposta, que asina o imputado por tráfico de influencias Albino Vázquez Aldrey, ata hai uns días concelleiro do departamento, nega a existencia da denuncia posta nos xulgados e conclue que "á vista das dilixencias, (...) non existe ningún tipo de irregularidade". Desde Raxoi preténdese por tanto estender un manto de impunidade sobre a brutal actuación policial do 10 de xaneiro, cando Vázquez remataba con varios dedos rotosgrazas á violencia policial.
Vía xudicial
A Candidatura do Povo seguirá na vía xudicial ata identificar, procesar e sancionar os axentes da Policía Municipal que, na noite do 10 de xaneiro de 2013, agrediron brutalmente ao veciño Roi Vázquez provocándolle a fractura de varios dedos. Non é de recibo que individuos inmersos en procesos xudiciais da gravidade do que afecta ao ex edil Albino Vázquez decidan sobre a "inocencia" ou "culpabilidade" dos axentes implicados nesta caso.
Ligaçom à resposta da CM de Compostela
Foto: CdP - Resposta da Cámara Municipal de Compostela

