1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

041112 miramonteserajoyGaliza - Galiza Confidencial - Mentres os traballadores botan meses sen cobrar, os responsábeis do sindicato agrario en Galicia desprázanse en automóbiles de luxo e acumulan un importante patrimonio, iates incluídos.


Juan Luis Pérez Miramontes, presidente de Xóvenes Agricultores, acumula un importante patrimonio produto das subvencións públicas para realizar cursos de formación aos traballadores do agro. Entre eles, un iate, "A Peregrina" no que todos os veráns organiza excursións para altos cargos do PPdeG. De feito, até que chegou á presidencia do Goberno, era habitual a imaxe de Mariano Rajoy deixándose fotografiar canda Pérez Miramontes no seu iate amarrado en Sanxenxo.

Esta é unha das denuncias que recolle unha interesante reportaxe de Interviú sobre a central agraria, coñecida como ASAJA en España.

Na información de Juan José Fernández, tamén se recolle como os altos cargos de Xóvenes Agricultores seguen a empregar vehículos de luxo mentres os seus traballadores levan meses sen cobrar.

A redución das axudas da Xunta para a formación provocou despedimentos en case todos os sindicatos do sector, tamén no SLG e Unións Agrarias.

Agora ben, a crise parece que non está a afectar igual aos negocios da cúpula de Xóvenes, unha central vencellada ao PPdeG.

Foto: Miramontes, detrás de Rajoy, no seu iate A Peregrina nunha das excursións con líderes do PPdeG. Nesta ocasión tamén acudiron Louzán e Ana Pastor/burbuja.info


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.