first
  
last
 
 
start
stop
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

121025 paula-prado daniel-cerqueiroGaliza - Candidatura do povo - A filosofía da extrema dereita que goberna Compostela é transparente. Trátase de afogar  á sociedade para saldar a débeda dos bancos, xerando escenarios inaceptábeis de desemprego e miseria para logo redireccionar cara a Igrexa Católica a “xestión” dos efectos da crise. Hoxe mesmo, a concelleira de Benestar Social Paula Prado del Río, que é unha aznarista militante, asinaba co crego Daniel Cerqueiroconvenios que permitirán que, en total, a organización relixiosa embolsarse grazas a Raxoi, e a través dos nosos impostos, a suculenta cantidade de máis de 300.000 euros.


Despois de o PP liberar á Igrexa Católica no Pleno Municipal da obriga xeral de pagar o Impuesto de Bienes Inmuebles, que suporía unha importante inxección de ingresos nas arcas locais, Raxoi asinaba esta mañá novos convenios con entidades “caritativas” dependentes da xerarquía católica. Así, por exemplo, Cáritas Diocesana recibirá grazas aos acordos 104.000 euros; o Centro Cultural Social Xoán XXIII, 40.000 euros; a Cociña Económica, 42.000 e unha cantidade similar para a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home entre outras.

É significativo como a extrema dereita utiliza a crise para potenciar a súa organización máis querida despois dos bancos: a Igrexa Católica. Ao mesmo tempo que degrada as condicións sociolaborais, privatiza e deteriora os servizos de Sanidade, Ensino, Protección Social, etc., os actuais gobernantes en Raxoi ofrecen toda clase de facilidades e apoios económicos a quen consideran debe aplicar políticas paliativas contra o desemprego e a xeneralización da miseria cando a porcentaxe de veciñ@s sen traballo chega ao 18.4%.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.